Martes, 07 de Outubro do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as arrow "Os meus favoritos" guia para descubrir o ciberespacio galego.  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña:

"Os meus favoritos" guia para descubrir o ciberespacio galego. Imprimir Correo-e
Escrito por 6ª matriuska   
Martes, 27 de Maio do 2008

(Galiza, Terra de Navegantes)  O concello de Carballo distribue  a Guía Os meus  favoritos, unha compilación duns 150 enderezos web coa que pretende contribuír á difusión da nosa lingua ao tempo que convida a descubrir o ciberespazo galego.

O Concello de Carballo, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística e por medio da guía Os meus favoritos, vai difundir unha selección de sitios web en galego para contribuír á difusión da información na nosa lingua e, ao mesmo tempo, á difusión da creación artística, da cultura, do deporte, da literatura, da música, dos espazos de participación e creación de opinión, do ensino, do medio, etc. Con esta acción quere convidar a todo o mundo a navegar e a descubrir o ciberespazo en galego. Dentro da sección que recolle enderezos web vínculados á lingua figura o de esta página, Ciberirmandade da fala. Podes ler máis información e descargar a guía premendo o leer máis.

Os meus favoritos recolle información e enderezos duns 150 sitios web en galego que se organizan por áreas temáticas, como por exemplo banda deseñada, buscadores, comunidade blog, deporte, ecoloxismo, educación, información cultural, libros e literatura, lingua, mocidade, música, recursos lingüísticos, xogos, información xeral, etc. Presentarase con 20 páxinas en formato A5.

Desta guía vanse editar 10.000 exemplares. Deles, 6.500 serán distribuídos na edición Carballo de La Voz de Galicia o día 17 de maio, en toda a comarca de Bergantiños e na Costa da Morte. O resto, será repartido entre centros de ensino, asociacións, empresas, edificios públicos, etc., de Carballo.

No ano 2006 o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo xa editara e distribuíra unha pequena guía semellante a esta.

Descarga a guía

Se non puideches conseguir a guía Os meus favoritos agora xa podes descargala aquí en formato .pdf
 http://www.maisinternetmaisgalego.org/mediateca/Os_meus_favoritos_Carballo_08-1.pdf
 
 
 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: SOS Mourela


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com