Domingo, 12 de Outubro do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
!JoomlaComment 3.23
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.1
Ó Chou:
Mapa da Galiza segundo Forum Carvalho Calero
Entrevista Radio Galega. 05/01/2006
Ligazóns ó Chou
Lar de celtas 
Nova Fantasia 
O Recuncho 
Xanela Galiza 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 convidado conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

Francisco Rodríguez desmitifica a solidariedade do Estado con Galiza Imprimir Correo-e
Escrito por apana   
Venres, 30 de Maio do 2008

 [xornal.com] A solidariedade do Estado con Galiza non está tan clara como pretenden algúns, xa que a carga tributaria soportada polos galegos foi de 11.625 millóns de euros, moi enriba dos 7.592 millóns para facer fronte aos gastos por competencias transferidas, segundo explica Francisco Rodríguez, membro da Executiva Nacional do BNG, nun artigo que publica en Xornal.com, baixo o título "A contracorrente". Para o ex congresista do BNG, resulta "abafante e sintomático" o empeño informativo e dos economistas académicos oficiais en manter a sociedade galega "na ignorancia e/ou manipulación a respecto dun tema tan crucial como o financiamento da comunidade autónoma". 

 Nin Pedro Solbes se atreve a tanto, di Paco Rodríguez


  • Nin o Ministerio de Economía e Facenda nin o seu tiular, Pedro Solbes, se atreven a tanto, segundo este ex diputado do BNG no Congreso. Paco Rodríguez conta nese senso algo máis que unha anécdota ó fío dos propios dados da liquidación do sistema de financiamento que se fai cada dous anos, en concreto o último en maio de 2008 sobre o 2006: "Tiven a ocasión de comprobar -escribe en Xornal.com- como a resposta do Sr. Solbes a un meu posicionamento claro a este respecto foi: 'No por Dios, no se puede decir que Galicia viva gracias a España'. Nin siquer nas publicacións oficiais últimas do Ministerio de Economía e Facenda se afirma que a aplicación do sistema de financiamento actual provoque solidariedade e nivelación".

    Rodríguez constata que foi o nacionalismo en solitario, "especialmente grazas aos traballos do economista Xosé Díaz Díaz", quen se atreveu a replicar demostrando "a ignorancia, a ocultación e a manipulación que subxacen nos discursos do academicismo sustentador as proclamas axitativas das dereita e esquerda española na Galiza". Sobre uns e outros di que "son uns auténticos vendedores de propaganda".

    Para Francisco Rodríguez, o debate na Galiza adiantou "en clareza" grazas a que tiveron que confrontarse con informacións que nunca ofreceron os que tiñan capacidade e medios para facelo. "Felizmente -observa- agora sabemos que a carga tributaria soportada polos galegos, como consecuencia do sistema fiscal español, chegou en 2006 á cantidade de 9.041 millóns de euros polos impostos integrados no sistema de financiamento, máis outros 2.584 millóns de euros por impostos non integrados no sistema de financiamento. En total, a cantidade de 11.625 millóns de euros. Unha cantidade que está moi enriba dos 7.592 millóns de euros que lle foron entregados por Galiza na liquidación de 2006 para facer fronte aos gastos por competencias transferidas (Ensino, Sanidade, Benestar Social, fundamentalmente)".

  • “Miseria da Solidariedade” e terrorismo científico

    O ex xefe de filas do BNG no Congreso adianta en Xornal.com "un clarificador" traballo de Xosé Díaz Díaz, denominado “Miseria da Solidariedade”, de próxima aparición en Terra e Tempo, que demostra como unha cousa son os gastos que se nos imputan e outra moi diferente os realmente realizados.

    "O método utilizado para elaborar as Balanzas Fiscais pola Fundación do BBVA para o período 1991-2005, publicadas no ano 2007 -explica tamén Paco Rodríguez-, representan o exemplo prototípico dunha tese predeterminada. Tan predeterminada que deben saber que, por de pronto, para acadar o resultado oportuno, se nos imputan, en nome dun denominado principio de beneficio, gastos localizados en Madrid como os gastos xerais das administracións públicas, defensa, orde e seguranza pública, ou de organismos como Holding Olímpico, Centro de Arte Reina Sofía, Museo Nacional del Prado, Fundación Thynssen Bornemisza, Fundación Museo Sorolla, Fundación Teatro Lírico... O que se fai para reivindicar a españolidade e anular a capacidade real de Galiza!". O remate é rotundo: "Auténtico terrorismo científico, como di Xosé Díaz Díaz".
  •  
    < Ant.   Seg. >

    Últimos Obxectivos
    Pola nosa língua, envía un correo a:
    Dolce Vita 
    Logo 120x90 animado
    Outros obxectivos:
    Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
    Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
    Solidariedade civil
    Campaña: Salvemos Monteferro
    Obxectivos dende...


    Quérelo no teu web?

    nemeth
    Res Retica
    O Recuncho
    Xián Baby Web
    Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
    Aldea de Coro
    Ghastas Pista?
    Verbas
    A Ceibaría
    O Reverso
    Galego de seu
    Remexer na lingua
    xulinho.tk
    toponímia galego-portuguesa e brasileira
    Sindícanos


    Creative Commons License
     
    Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
      

    © 2008 CiberIrmandade da Fala
    Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

    Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com