Domingo, 12 de Outubro do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as arrow Méndez Ferrín, Díaz-Fierros e Pontevedra, Premios Nacionais da Cultura Galega  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Dimensiona

Méndez Ferrín, Díaz-Fierros e Pontevedra, Premios Nacionais da Cultura Galega Imprimir Correo-e
Escrito por Kiko das Leiras   
Luns, 02 de Xuño do 2008

 XORNAL.COM I O xurado dos Premios Nacionais da Cultura Galega outorgou tres novos galardóns, que recoñeceron ao escritor Xosé Luís Méndez Ferrín (Literatura), o edafólogo Francisco Díaz-Fierros (Pensamento e Cultura Científica), e a remodelación urbana de Pontevedra (Patrimonio Cultural).

O xurado dos Premios Nacionais dediciu outorgarlle a Xosé Luís Méndez Ferrín o galardón na categoría de Literatura, pola calidade da súa obra, mantida ao longo de varias décadas, que o fai un escritor recoñecido a nivel internacional. Méndez Ferrín é a figura fundamental da literatura galega na segunda metade do século XX. 

Protagonizou o cambio de rumbo das nosas letras nas décadas dos sesenta e os setenta, con obras como o poemario Con pólvora e magnolias e o libro de relatos O crepúsculo e as formigas. Foi quen de construír unha voz propia e inconfundible, na que conviven realismo, fantasía e simbolismo. O seu forte compromiso político e coa lingua plásmanse nas súas creacións, tanto narrativas como poéticas.

Na categoría de Pensamento e Cultura Científica, os membros do xurado escolleron ao edafólogo Franciso Díaz-Fierros, do que destacaron a súa capacidade para colocar na axenda da cultura galega a cultura científica e saber unir a investigación con problemáticas actuais da sociedade galega, como o medio ambiente. Díaz-Fierros ten unha longa traxectoria como académico e investigador nos campos da Edafoloxía, a Farmacia e a Química Agrícola. Conferenciante e membro de numerosas Sociedades Científicas estatais e internacionais, ten participado en máis de trinta proxectos científicos ou técnicos. Preside a xunta rectora do Seminario de Estudos Galegos e é vicepresidente primeiro do Consello da Cultura Galega. É académico numerario da Real Academia de Farmacia e desde 1999 ocupa o cargo de director da Colección Historia Natural do Proxecto Galicia, de Edicións Hércules.

E no eido do Patrimonio Cultural, a remodelación urbana de Pontevedra foi o feito máis destacado para o xurado, polo alcance da rehabilitación e revitalización do casco histórico, feita con visión de cidade, rúa a rúa e coa intervención de varios arquitectos. A traxectoria seguida pola cidade destaca polo enfoque global co que se abordou a posta en valor do patrimonio e pola intensidade das actuacións realizadas, que lograron mudar a situación do casco histórico e colocalo no centro da vida social e económica.

  • Entre máis de 200 propostas

    Os membros do xurado, que elaboraron as súas propias candidaturas e estudaron e valoraron as máis de 200 enviadas por diferentes institucións e asociacións do país. Os tres premios que se deron a coñecer hoxe veñen unirse aos anunciados o pasado sábado, que recaeron no arquitecto Manuel Gallego Jorreto (Arquitectura e Espazos Públicos), o escultor Francisco Leiro (Artes Visuais), a profesora Margarita Ledo (Cinema e Audiovisual) e no Museo do Pobo Galego (Cultura Tradicional e de Base). Nos próximos días daranse a coñecer os tres premios restantes: Artes Escénicas, Música e Iniciativa Cultural.

    Cultura convoca estes Premios coa finalidade de facer unha mención pública a aquelas persoas ou colectivos que se teñan destacado no enriquecemento da cultura galega, tanto coas súas obras como coa súa participación en distintas iniciativas no eido da creación ou do fortalecemento do noso patrimonio cultural. Os galardóns, de carácter anual, teñen unha dotación de 15.000 euros.

  • Xurado único

    O xurado está formado por 15 profesionais de recoñecido prestixio e representativos de cada sector da cultura nas actividades obxecto dos respectivos premios. E configúrano os seguintes: María Xosé Agra Romero, catedrática de Filosofía Moral e Política da USC; Rosario Álvarez, catedrática de Filoloxía Galega e directora do Instituto da Lingua Galega; Xosé Ramón Barreiro, catedrático de Historia Contemporánea da USC e presidente da Real Academia Galega; Xosé Luís Barreiro Rivas, profesor e director do Departamento de Ciencias Políticas da USC; Xosé Manuel Buxán, profesor de Escultura na Facultade de Belas Artes da UV; María Bouzas, actriz e presidenta da Academia Galega do Audiovisual; Domingo Docampo Amoedo, catedrático Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da UV; Laura Tato, profesora de Filoloxía e Humanidades da UDC; María Isabel Fraga Vila, directora do Museo de Historia Natural Luis Iglesias da USC; Celestino García Braña, arquitecto e decano do Colexio de Arquitectos de Galicia; Ana Romaní, escritora e xornalista; John Rutherford, tradutor, escritor e profesor do Queen’s College da Universidade de Oxford; Felipe Senén López, museólogo e xestor cultural; Xurxo Souto, músico e escritor; e Ramón Villares Paz, catedrático de Historia Contemporánea da USC e presidente do Consello da Cultura Galega.
  •  
    < Ant.   Seg. >

    Últimos Obxectivos
    Pola nosa língua, envía un correo a:
    Dolce Vita 
    Logo 120x90 animado
    Outros obxectivos:
    Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
    Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
    Solidariedade civil
    Campaña: Salvemos Monteferro


    Creative Commons License
     
    Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
      

    © 2008 CiberIrmandade da Fala
    Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

    Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com