Martes, 07 de Outubro do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as arrow O Observatorio de Sociolingüística propón como medida de planificación a posta en valor do galego  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Dimensiona

O Observatorio de Sociolingüística propón como medida de planificación a posta en valor do galego Imprimir Correo-e
Escrito por Kiko das Leiras   
Luns, 02 de Xuño do 2008

Sistema educativo, medios de comunicación e sector socioeconómico foron os ámbitos nos que o Observatorio de Sociolingüística, o grupo de investigación composto polos profesores Fernando Ramallo, Ana Iglesias e Anxo Lorenzo, se centrou para propoñer medidas de planificación para a lingua galega.

Encargado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, este proxecto baséase na análise de diversas zonas do planeta onde se están levando a cabo “políticas de respecto pola diversidade ao mesmo tempo que se potencia a lingua propia correspondente, e incluso terceiros idiomas”, tal como apunta Anxo Lorenzo. En concreto, o Observatorio de Sociolingüística interesouse polos casos de Finlandia, Singapur e Quebec, pero sen perder de vista a situación que se da noutros lugares do globo, xa que as situacións de plurilingüismo, cos conseguintes problemas relacionados, son altamente frecuentes nos cinco continentes.

 

Propostas de planificación lingüística

No tocante ao ámbito económico e comercial, dende o grupo asúmese que “a lingua galega, historicamente, estivo vinculada a ocupacións e a sectores profesionais pouco valorados socialmente, e na actualidade utilízase no ámbito laboral principalmente entre compañeiros e case nunca de forma escrita”, tal como apunta Lorenzo. Ante esta situación, e recoñecendo a dificultade que o galego ten para entrar en certos sectores empresariais, o Observatorio de Sociolingüística propón no informe final medidas para cambiar o discurso sobre a lingua. “A idea é tratar de por en valor o galego como un elemento diferencial de certas actividades económicas tales como o turismo e a agroecoloxía”, segundo explica o profesor.
 
Con respecto ao sistema educativo, o Observatorio de Sociolingüística considera que o camiño que se está a seguir actualmente, baseado no ensino bilingüe e na potenciación de terceiras linguas, é o correcto, pero propón que se empece a pensar na introdución dun cuarto idioma, que pode ser “francés, alemán, portugués... segundo decida cada centro”, comenta Lorenzo.
 
Nesta liña, “o Decreto 124/2007, aprobado recentemente, vai na dirección correcta”, segundo apunta o investigador, que explica que “resolve moitos dos problemas que presentaba o anterior documento, xa que garante o cumprimento da Lei de Normalización Lingüística e permite mellorar a competencia en galego dos estudantes”.
 
Por último, o diagnóstico da situación dos medios de comunicación na nosa comunidade indica que a creación dos canles públicos supuxo un avance importante cara á potenciación do galego, pero onde se segue notando unha enorme carencia é nos privados. Para entender esta situación, Lorenzo apela a aspectos relacionados con editores, profesionais e sociedade en xeral. Entre as medidas que o grupo propón para este ámbito destaca a reconsideración do sistema de subvencións aos medios, que non acadou os resultados previstos inicialmente, e a mellora da formación e da competencia lingüística en galego dos profesionais. “Isto debe ir acompañado por unha maior motricidade do público á hora de reclamar medios en galego”, tal como apunta Anxo Lorenzo, que puntualiza que “os editores, neste momento, están sendo tremendamente conservadores e van por detrás dos cambios que, no tocante a actitudes cara o galego, se están a producir na sociedade”.

Os casos de Finlandia e Singapur

A situación lingüística finesa é un referente a nivel mundial por ser o país que obtén mellores puntuacións no informe PISA. “A nós, particularmente, interesounos polo modelo aplicado ao sistema educativo”, tal como afirma Anxo Lorenzo, que explica que “no seu territorio conflúen tres linguas nativas co inglés como cuarto idioma. Pese a que o sueco é utilizado por só o 5% da poboación e o lapón está restrinxido a grupos étnicos minoritarios, as dúas son, xunto co finés, linguas oficias do ensino”.

Pola súa banda, o caso de Singapur resulta peculiar pola inmensa diversidade lingüística que rexistra e que levou ao goberno a tomar medidas xa nos anos 70. Tras valorar cales eran os idiomas máis relevantes para o desenvolvemento do país, optaron por implantar o ensino obrigatorio do inglés e do chino mandarín para toda a sociedade.
 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña:


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com