Xoves, 21 de Agosto do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as arrow O Victimismo de Marta rivera de la cruz.  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega

O Victimismo de Marta rivera de la cruz. Imprimir Correo-e
Escrito por Tractoriano   
Martes, 03 de Xuño do 2008
A deputada do PPdeG Susana López Abella criticou hoxe que a consellería de Cultura ten "discriminada" a Marta Rivera de la Cruz, unha "premio planeta", presumibelmente porque non emprega a "fala galega". Tamén criticou que a homenaxe a mulleres represaliadas unicamente se centrase nas "mulleres de esquerdas", porque ao seu xuízo, o concepto de "vítima" refírese "á persoa en si mesmo" e non debe existir ningún "prexuízo ideolóxico".
López Abella fixo estas declaración na Comisión de Igualdade do Parlamento, na que a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, comparecía para explicar os datos do seu departamento ao respecto.

A conselleira respondeu a estas críticas explicando que non ía falar do tema, aínda que aludiu ás "listas negras" da anterior consellería de Cultura, fundamentalmente despois das manifestacións derivadas da catástrofe do Prestige. Aí, incidiu, si había "discriminación" por parte da consellería. Respecto á homenaxe, afirmou que se basea nas universidades á hora de falar de mulleres represaliadas.

Máis de 10.000 mulleres empregadas no sector cultural

No tocante aos datos sobre a igualdade da muller no sector cultural, Ánxela Bugallo explicou os resultados da política de xénero establecida tamén no seu departamento no ámbito cultural, que permitiron elevar desde os 6.620 até os 10.105 o número de empregos que asumen mulleres neste sector, así como incrementar nun 35% a produción audiovisual feita por féminas.

Así mesmo, aportou datos como que mentres o 23,6% das mulleres van algunha vez ao teatro a porcentaxe correspondente aos homes sitúase nun 21%. A xuízo de Bugallo, é importante "facer fincapé nas accións" tendentes a "crear conciencia de xénero" e, tamén, considerou que non é suficiente saber "o número de mulleres que publican novelas" senón tamén certas circunstancias destas, como "se teñen fillos, a idade", entre outras. Tamén fixo un repaso por algunhas iniciativas emprendidas polo seu departamento, como o "homenaxe a mulleres represaliadas" ou o dicionario de mulleres galegas, entre outras.

 

Fonte;

Gz  nación.

 

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Activa Galicia - activa o galego 
Solidariedade civil
Campaña: Apoiamos a Isaac Diaz Pardo


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com