Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio arrow Novas CiberIrmandade arrow Obxectivo. A nosa TVG négase a ceder as dobraxes en galego para DVD  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega

Obxectivo. A nosa TVG négase a ceder as dobraxes en galego para DVD Imprimir Correo-e
Escrito por minhoca   
Domingo, 19 de Febreiro do 2006

Agora que -por fin- hai unha distribuidora en Madrid chamada Cameo Media que tenta respectar todas as linguas co-oficiais sempre que sexa posíbel, e, comezando polo próximo lanzamento en DVD da serie "A víbora negra", varias veces amosada pola TVG ó longo dos anos, Cameo tentou que o lanzamento desta coñecida comedia inglesa incluise a lingua galega entre as suas opcións... pero, segundo informa na sua web oficial no referente á serie "Black Adder", a nova equipa directiva da Televisión Galega NON CEDE nin a dobraxe nin os subtítulos porque non están correxidos segundo a ultimísima normativa...

É necesario que se escoite a nosa voz; únete difundindo esta información e achegando un correo, tanto á TVG como á Secretaria Xeral de Política Lingüística, no que se amose o teu descontento. Podes facelo dende aquí e agora. Tan so son uns segundos.

(Desactivamos este obxectivo, pois segundo informa A Mesa, a TVG acepta ceder a dobraxe)

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: Apoiamos a Isaac Diaz Pardo


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com