Domingo, 07 de Setembro do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as arrow Corenta mil persoas viron xa 'Pradolongo'  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña:

Corenta mil persoas viron xa 'Pradolongo' Imprimir Correo-e
Escrito por Kiko das Leiras   
Mércores, 04 de Xuño do 2008

A pasada fin de semana, en Vilagarcía, tivo setecentos espectadores, superando mesmo a Indiana Jones. A Rúa, O Barco, Ourense, A Coruña, Lugo, Compostela, Narón, Marín, Cee, Lalín, Leiro, Vilagarcía... Pradolongo segue o seu camiño por todas as vilas e cidade do país.

Con atrancos, pelexando cada espazo para ser exhibida, pero co apoio do público, que proxección a proxección enche as salas. Pradolongo, un dos moi raros filmes rodados integramente en galego en toda a historia, está a demostrar que é posíbel, que se pode filmar unha película en galego e que, con esforzo, pódese distribuír e converterse en todo un éxito.

Leva corenta mil espectadores, comezando polos seis mil que viron os sucesivos pases que se ofreceron na comarca de Valdeorras, unhas cifras que o converten no filme galego de máis alta recadación. O éxito do filme fixo que varias vilas nas que non estaba previsto que se proxectase o solicitasen, como Xinzo, Marín ou Leiro. E sempre en salas comerciais, agás en Santiago de Compostela, onde ningún cine quixo exhibir a película, malia ao éxito colleitado noutras cidades, estreándose finalmente no Teatro Principal, co apoio do Concello.

"Non é doado, pero hai que estar aí: temos que empeñarnos, non nos podemos resignar", di Ignacio Vilar, que engade: o cinema galego ten que chegar ás salas comerciais". Pradolongo está abrindo un camiño para o futuro, para outros filmes: "o cinema galego pode facelo: trátase de contar boas historias".


Vídeo de 'Quen puidera namorala', regravada para a banda sonora do filme

En outono en Madrid, Euskadi, Cataluña e Francia
O filme exhibirase esta fin de semana na Estrada e despois viaxará a Monforte e Ribeira. Ademais, no verán poderase ver en ducias de localidades en cinemas ao aire libre, "cando moitos galegos que viven na emigración volven aos seus lugares de orixe", salienta Ignacio Vilar. En outubro Pradolongo asumirá un novo reto: exhibirase en salas comerciais fóra de Galiza, en Madrid, Euskadi e Cataluña, concretamente. E en novembro estrearase en París.

Ignacio Vilar segue embarcado a tempo completo na promoción de Pradolongo, pero xa ten na cabeza o seu vindeiro proxecto, un filme que podería comezar a rodar no 2009, e que tería a provincia de Lugo como escenario. Alí aplicará todo o aprendido coa experiencia de Pradolongo, "aínda que cada película é un mundo, tes que aprender como contala e como promocionala cada vez", di Vilar, que conclúe: "aí é onde fallan moitas distribuidoras, porque non saben como tratar un filme; cada un necesita un tratamento diferente".
 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Activa Galicia - activa o galego 
Solidariedade civil
Campaña: PuntoGal


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com