Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as arrow Radicais de 'Galicia Bilingüe' denunciam a AMI por editar um vídeo contra o ‘bilingüísmo harmónico’  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega

Radicais de 'Galicia Bilingüe' denunciam a AMI por editar um vídeo contra o ‘bilingüísmo harmónico’ Imprimir Correo-e
Escrito por Kiko das Leiras   
Mércores, 04 de Xuño do 2008

 A associaçom ultradireitista ‘Galicia Bilingüe’, que promove a eliminaçom definitiva da língua galega e a culminaçom do processo de substituiçom lingüística, vem de denunciar a Assembleia da Mocidade Independentista (AMI) nas dependências da Polícia espanhola em Vigo.

O motivo da interposiçom da denúncia é o vídeo ‘Vilingüísmo’ onde se narra a luita dum fato de jovens galeg@s para defender a língua do País, parar o linguicídio e avançar face umha sociedade galega monolíngüe.

Meios próximos à extrema direita espanhola, como ‘Libertad Digital’, figérom-se eco da notícia, empregando as típicas inexactitudes do tipo de riscar à AMI de “contorna do BNG”. A associaçom ultra ‘Galicia Bilingüe’ assegurou a diversos meios ter desenvolvido um debate interno sobre a conveniência de denunicar a organizaçom juvenil independentista, decantando-se finalmente por colocar o vídeo nas maos da Polícia espanhola devido “à gravidade” do seu conteúdo e exigir que a sua difusom tenha consequências de carácter penal.

Colectivo violento

Recordamos que a citada associaçom ultradireitista financiada polos sectores mais reaccionários da sociedade galega promove, sob o discurso da ‘libertad de idioma’ e o ‘bilingüísmo harmónico’, a desapariçom definitiva do galego daqueles ámbitos sociais nos que alcançou posiçons nos últimos anos. Este colectivo organiza todos os seus actos amparado em importantes dispositivos policiais que nos últimos meses provocárom cargas policiais, feridos, detidos e graves casos de repressom económica em distintas comarcas do País, nominadamenta na comarca de Vigo, onde as sançons impostas desde a ‘Subdelegación del Gobierno de España’ ultrapassam os 22.000€.

Pode-se visionar a fita na ligaçom colocada ao pé desta informaçom. De este sítio web animamos a dar a máxima difusom à existência deste vídeo como contributo ao fracasso da repressom da mensagem que contém.
VIDEO DENUNCIADO: http://blip.tv/file/912060
 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: PuntoGal


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com