Venres, 22 de Agosto do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as arrow II Festa da Narración Oral de Galiza  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Dimensiona

II Festa da Narración Oral de Galiza Imprimir Correo-e
Escrito por Kiko das Leiras   
Mércores, 04 de Xuño do 2008

Contar unha historia. Escoitar unha historia. Velaquí dúas maneiras de gozar a través da palabra. A narración oral é sempre un acto no que se mesturan pracer e xenerosidade. Porque, para que xorda a emoción, quen conta debe poñer a súa arte e sabedoría ao servizo do auditorio, e quen escoita deberá entregarse sen reservas.

Se así sucede, todos, todas, narradores e oíntes, acadarán igual sentimento de gozo mentres a narración discorre. E cal é a natureza profunda dese pracer? Quen sabe, tal vez resida na intuición de que se está a asistir a un momento irrepetible: por máis que a historia volva ser contada xa non será a mesma, como o río aquel.

En realidade, pouco importan agora as razóns profundas. Do que se trata é de convocar a contadores e escoitadores, contadoras e escoitadoras, para convidalos, para convidalas, a ofrecérense mutua e xenerosamente na II Festa de Narración Oral de Galiza. Ofrecerse e gozar.

O concello de O Pino, sé da Festa, é un dos mellores marcos posibles para esta celebración anual da palabra. Recentemente inaugurada, a Casa da Cultura municipal resulta un lugar idóneo para albergar boa parte das actividades que conforman o programa. Doutra banda, O Pino é un enclave de extraordinaria importancia dentro do Camiño de Santiago, e a relación entre estas dúas tradicións, Camiño e narración oral, é algo máis que evidente. Ademais, como outros concellos en expansión, O Pino precisa de eventos integradores, de espazos culturais que faciliten a vertebración harmónica dunha poboación cada vez máis diversa. E este evento vai nesa dirección.

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Activa Galicia - activa o galego 
Solidariedade civil
Campaña: Apoiamos a Isaac Diaz Pardo


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com