Martes, 07 de Outubro do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
!JoomlaComment 3.23
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.1
Ó Chou:
Tradución do ExtCalendar 0.9.1
Visit Counter (Galego)
Ligazóns ó Chou
Campo novo... xa! 
Komunikando 
MundoGaliza 
Radio Piratona 106.0 FM 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 membro conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

“Maus”, considerado unha obra mestra do cómic, en galego Imprimir Correo-e
Escrito por Kiko das Leiras   
Martes, 10 de Xuño do 2008

 PRAZA DAS LETRAS - O cómic de Art Spiegelman estará nas librarías o 13 de xuño. Ademais, Faktoría K publica “Os cinco narradores de Bagdad”, dos franceses Frantz Duchateau e Fabien Vehlmann. A editorial mallorquina Inrevés saca ao mercado o próximo 13 de xuño o cómic Maus traducido ao galego por Diego García. Esta novela gráfica está considerada unha obra imprescindíbel polos adeptos do cómic. A mesma editora foi a encargada da versión catalá de Maus.

Maus é unha autobiografía na que Art Spiegelman relata a historia do seu pai Vladek, un sobrevivente de Auschwitz. Realiza tamén un retrato do seu pai na actualidade, no momento en que o entrevista para que lle transmita as súas lembranzas da guerra, e da súa tensa relación con el.

Vai máis alá do Holocausto, internándose na psicoloxía do pai, na sombra dunha nai suicida e na pantasma dun irmán ao que nunca coñeceu. Como característica formal cómpre salientar que as personaxes amosan trazos faciais de animais, recurso que Spiegelman emprega con fins narrativos. Deste xeito representa aos xudeus como ratos e aos nazis como gatos.

Maus está considerado unanimemente pola crítica como un dos mellores cómics da historia, que non só transcendeu ao gran público, senón que acadou un recoñecemento notable. En 1992 gañou o Premio Pulitzer e mesmo o Museo de Arte Moderna (MoMA) de Nova York lle dedicou unha exposición.

As editoriais especializadas na banda deseñada en Galicia tamén se decatan de que existe unha demanda en galego e un público disposto a mercar as obras de referencia mundiais do cómic no seu propio idioma. É o caso de Faktoría K, que vén de traducir Os cinco narradores de Bagdad, banda deseñada dos franceses Frantz Duchateau e Fabien Vehlmann, que levou recentemente o premio Canal BD das librarías especializadas europeas.

O álbum relata as peripecias de cinco contadores de historias afanados na procura do mellor conto do mundo para gañar o reto proposto polo califa de Bagdad. O rosmón, o filósofo, o perspicaz, o rebelde e o xentil, así están caracterizados os protagonistas do cómic, pensados como arquetipos humanos cos que cadaquén atopará a súa identificación. O exotismo de Oriente Medio e o ambiente envolvente de cada historia, emulando o estilo de As mil e unha noites, transportan ao lector a outra esfera da realidade, dominada pola fantasía e a arte dos contos.

http://www.prazadasletras.org/actualidade/novas/nova/429/maus-considerado-unha-obra-mestra-do-comic-en-galego 

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: SOS Mourela
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com