|
Galiza, entre as comunidades menos atraídas pola selección española |
|
|
|
Escrito por apana
|
|
Mércores, 11 de Xuño do 2008 |
Vieiros Aínda que Galiza se pode considerar un país de futboleiros, o certo é que as cifras que facilita Sofres sobre as audiencias de televisión no Estado Español amosan que non nos 'tira' tanto a selección vermella coma ao resto do Estado. Así, o noso país, xunto a Cataluña e Euskadi, é a comunidade autónoma onde menos porcentaxe de persoas seguiu o partido de fútbol da Eurocopa entre España e Rusia. E isto non quere dicir que en Galiza non nos interese o fútbol, porque, por exemplo, o partido do luns entre Holanda e Italia tivo no noso país unha cota de pantalla do 27,5%, por riba do 27,1 da media estatal, e enfrontándose ao até agora imbatíbel Padre Casares da Galega.
|