Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Dimensiona
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.3
!JoomlaComment 3.23
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Ó Chou:
Paquete de idioma galego para o Dokuwiki
Mapa da Galiza segundo Forum Carvalho Calero
Ligazóns ó Chou
ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) 
Atnag 
Etnonet 2.0 
Lar de celtas 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 membro conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

O Consello da Cultura dá por válida a fórmula Galiza fronte ao criterio da RAG Imprimir Correo-e
Escrito por apana   
Mércores, 11 de Xuño do 2008

farodevigo  Galicia ou Galiza? Para a Real Academia Galega (RAG) só a fórmula Galicia ten validez normativa e xurídica como denominación oficial da comunidade autónoma. Pero a favor do uso do topónimo Galiza están a Mesa pola Normalización Lingüística e o Bloque, que tanto nos seus comunicados de partido como desde os seus consellerías utilizan esta denominación.

Na polémica terciou onte tamén o Consello da Cultura de Galicia, quen contradicindo o ditame da Real Academia Galega considera que ambos os topónimos son correctos, que se poden utilizar indistintamente e que a elección da fórmula oficial responde a unha decisión "política e institucional". Así o expresaron onte, a preguntas dos xornalistas, o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, e o coordinador da Sección de Lingua Galega e director do Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística desta institución, Henrique Monteagudo.

Segundo Villares, ambas formas son correctas, aínda que explicou que a principal diferenza é o seu uso en épocas diferentes. Así, indicou que o término Galiza era unha forma máis utilizada na Idade Media, que actualmente foi recuperada, e que o término Galicia é a forma oficial aprobada polo Parlamento de Galicia.

Segundo Henrique Monteagudo, ambos os termos toponímicos son correctos e lexítimos desde o punto de vista lingüístico.
As Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, o único texto oficial da Real Academia Galega, aprobado en xullo de 2003, establece que Galicia, "voz lexítima galega", é a "denominación oficial do país e maioritaria na expresión oral e escrita moderna".

Con todo, sinala que Galiza "é tamén unha forma legítimamente galega, ampliamente documentada na época medieval, que foi recuperada no galego contemporáneo".

Nos últimos meses, os comunicados oficiais do Bloque e das consellerías nacionalistas, así como nas disposicións recollidas no Diario Oficial de Galicia, abundan as referencias á fórmula Galiza, aínda que tamén utilizan o término Galicia.
Pola súa banda, A Mesa pola Normalización Lingüística defendeu a denominación de Galiza como "forma válida e viva". Francisco Rei, membro da mesa permanente deste órgano, defendeu en roda de prensa en Ferrol a validez do topónimo Galiza, durante a presentación da última campaña da organización para captar novos afiliados baixo o lema "Imaxinas unhalingua", coa que repartirán máis de 25.000 folletos pola comarca ferrolana. Galicia sen
 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: SOS Mourela
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com