|
O presidente de Mozilla Europa anuncia que haberá versión oficial de Firefox3 en galego |
|
|
|
Escrito por apana
|
|
Xoves, 12 de Xuño do 2008 |
|
sociedadedainformación O presidente e co-fundador da Fundación Mozilla-Europa, Tristan Nitot, rectificou unhas declaracións sobre a tradución ao galego de Firefox, o navegador libre para a web máis coñecido, nas que afirmaba que non existía unha versión en galego do programa e que non a habería se ninguén se presentaba. A comunidade galega de tradución de software interpelou a Fundación Mozilla por estas declaracións, xa que leva máis de dez anos traducindo software, incluído o navegador Firefox desde as primeiras versións.
Esta interpelación foi respaldada pola Consellaría de Innovación e Industria ao constatar que era a propia Fundación Mozilla quen impedía a normalización do galego na tradución do Firefox ao rexeitar sucesivamente as distintas propostas de coordenación que se lle foron presentando ao longo dos últimos anos. Finalmente foi o proprio presidente da Fundación Mozilla, Tristan Nitot, quen emitiu un comunicado público rectificando as súas declaracións iniciais.
|