Xoves, 28 de Agosto do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Dimensiona
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.1
Tradución ao galego (formal) da portada do Joomla 1.5 Estable [Khepri]
Ó Chou:
Mapa da Galiza segundo Forum Carvalho Calero
Idioma galego para bigAPE
Ligazóns ó Chou
Cultura Galega 
Libraría Limiar 
O fogar do chimpín 
Xanela Galiza 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 convidado conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

"Os dereitos lingüísticos dun galego desaparecen ao entrar nun cine" Imprimir Correo-e
Escrito por Kiko das Leiras   
Luns, 16 de Xuño do 2008

 VIEIROS - O debate entre a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, e o deputado do BNG Bieito Lobeira, centrou a Comisión sobre Educación e Cultura celebrada esta mañá no Parlamento. O deputado nacionalista realizou unha pregunta sobre o apoio do Goberno á dobraxe ao galego de filmes para a súa estrea nas salas comerciais.

Puxo como exemplo de boa xestión o acordo ao que chegou a Generalitat de Cataluña para a estrea en catalán do último filme de Indiana Jones.

Así mesmo, Lobeira esixiu o cumprimento do Plan Xeral de Normalización Lingüística, que prevé a dobraxe ao galego cada ano de dez filmes con espectativas comerciais. O deputado destacou así mesmo o éxito acadado por Pradolongo, que malia ás dificultades (ningunha sala comercial accedeu a proxectar o filme en Santiago de Compostela), xa foi visto por máis de corenta mil persoas.

Marisol López botou balóns fóra, e buscou as causas da practicamente nula oferta de cinema en galego nas salas do país en factores estruturais do mercado cinematográfico, coma a diminución no número de espectadores, o peche de salas, a concentración da súa propiedade e a aparición de novos soportes, tal que os DVD's e os teléfono móbiles. Así mesmo, destacou o apoio que a Xunta empresta á produción e promoción de filmes galegos e en galego, como o promio Pradolongo, Abrígate ou Casa da Luz. Finalmente, lembrou que o Goberno ten encetado negociacións con diversas distribuidoras para a incorporación da dobraxe ao galego nos seus filmes.

A secretaria xeral amosouse segura "de que as novas liñas emprendidas darán os froitos, pouco a pouco", o que foi respondido por Lobeira que van "tan pouco a pouco que non lle miramos virtualidade" e cualificou os avances de "paso paquidérmico". En consecuencia, esixiu o cumprimento do devandito Plan Xeral de Normalización, para conseguir que o galego continúe "vetado e excluído" nos cines da Galiza, pois -dixo- "Os dereitos lingüísticos dun galego desaparecen ao entrar nun cine".
 
 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Activa Galicia - activa o galego 
Solidariedade civil
Campaña: Convivencia e igualdade
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com