Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.3
!JoomlaComment 3.23
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Ó Chou:
A lingua galega. De onde vimos e a onde vamos
Cartace claro CiberIrmandade. Xuño 2006. Fontes.
Ligazóns ó Chou
Balonmán Xiria 
Canteira Celeste 
Movimento Defesa da Língua 
Outras lerias 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 convidado e 1 membro conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

Recoñecemento ao galego no Comité das Rexións Imprimir Correo-e
Escrito por Kiko das Leiras   
Luns, 23 de Xuño do 2008

 A NOSA TERRA - O Comité das Rexións da Unión Europea aprobou un ditame de fomento do multilingüísmo no que finalmente se recollen as emendas presentadas pola Xunta, entre outras institucións, para que se recoñeza a realidade de países nos que conviven varias linguas oficiais, como acontece en España co galego, o catalán e o vasco. Sede do Consello de Europa en Bruxelas O secretario xeral de Relacións Exteriores da Xunta, Xulio Fernández Mato, defendeu hoxe no pleno do órgano europeo as propostas galegas, entre as que se inclúe a oportunidade de que sexan as administracións locais e autonómicas as que desenvolvan as políticas precisas para fomentar o multilingüísmo entre os cidadáns.


Así mesmo, o ditame recolle tamén a pretensión de que non se equipare o concepto lingua de orixe ao de lingua oficial do Estado, xa que territorios como Galicia contan con dúas linguas oficiais. Así, o Comité das Rexións engadiu ao obxectivo 1 +2 (aprender dúas linguas ademais da oficial) a posibilidade de 2 +2 naquelas rexións que contan con dúas linguas oficiais, como acontece en Galicia.

Precisamente, o texto aprobado hoxe propón "as necesarias iniciativas de sensibilización e motivación da poboación" para o estudio de dúas linguas estranxeiras ao longo da súa vida e recomenda ás rexións que creen un "propio foro local sobre multilingüísmo", segundo explicou a Xunta nun comunicado.

 

 

Máis linguas no sistema educativo 

Nesa liña, o Comité das Rexións conclúe que o mundo escolar debe ser animado polas institucións rexionais e nacionais a adoptar unha ampla gama de linguas no paquete educativo, sobre a base das necesidades sociais, económicas, culturais e territoriais.

Finalmente, o ditame tamén aposta polo fomento de formas rápidas de aprendizaxe para que os adultos poidan adquirir competencias lingüísticas que lles permitan expresarse e comprender en linguas estranxeiras, e faise fincapé na aprendizaxe a través de soportes multimedia, así como de programas de intercambio universitario como o Erasmus ou o Sócrates.

 

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: Salvemos Monteferro
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com