Domingo, 12 de Outubro do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña:
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
!JoomlaComment 3.23
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.1
Ó Chou:
Paquete de idioma galego para o phpBB 2.0.18
Tradución do zOOmGallery 2.5.1 RC4
Ligazóns ó Chou
Galicia Solidaria 
Galiza Nova Barcelona 
O web de Carlos García Amigo e Chelicia 
Xián Baby Web 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 convidado conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

O Valedor tramita unha queixa da Mesa polo incumprimento do decreto do galego Imprimir Correo-e
Escrito por Kiko das Leiras   
Martes, 24 de Xuño do 2008

A MESA - O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, mantivo esta mañá unha entrevista co Valedor do Pobo, Benigno López, para solicitar a intervención desta institución perante a “preocupante situación” do galego no campo educativo. En concreto, desde a entidade en defensa da lingua de Galiza achegóuselle un informe sobre a educación infantil de 3 a 6 anos, na cal “o galego permanece nun estado realmente calamitoso”. O Valedor recibiu a queixa e confirmou que a tramitará perante a Xunta de Galiza para que avalíe a situación e tome as medidas correctoras necesarias.

Desde A Mesa pola Normalización Lingüística consideran que o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e a conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, son os responsábeis políticos “desta nefasta xestión educativa que pon en perigo o futuro da cultura galega e, ademais, vulnera tanto o dereito a unha formación de calidade como os dereitos lingüísticos dos nosos nenos e das nosas nenas”.

Segundo información achegada neste curso escolar polos propios centros de ensino á Mesa pola Normalización Lingüística, o 10,5% dos nenos e nenas de 3 anos das sete cidades non reciben nin tan sequera unha hora en galego ao día, mentres outro 16% só recibe xustamente unha hora en galego, moi por debaixo do estipulado polo decreto 124/07. No conxunto, o 65% dos rapaces e rapazas de entre 3 e 6 anos nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo e Ferrol cursan os seus estudos en centros que non cumpren coa obriga legal de que cando menos a metade do seu horario sexa na lingua propia de Galiza.

Entre as medidas que a comunidade educativa reclama para que se corrixa esta situación está a adopción dun plan de formación lingüística para o profesorado, a implementación de campañas de sensibilización, a promoción dunha guía de recursos en galego para as diferentes materias e tramos educativos, garantir a existencia de material pedagóxico nesta lingua para as diferentes disciplinas etc.

INFORMACIÓN NOUTROS MEDIOS DE COMUNICACIÓN:

  • O Valedor tramita a queixa da Mesa polo incumprimento do decreto do galego no ensino [FV 23/06/08]

  • Incumprimento do decreto do galego no 65% dos centros de educación infantil das cidades [X 23/06/08]

  • O Valedor tramita unha queixa da Mesa polo incumprimento do decreto do galego [MG 23/06/08]
  •  
    < Ant.   Seg. >

    Últimos Obxectivos
    Pola nosa língua, envía un correo a:
    Dolce Vita 
    Logo 120x90 animado
    Outros obxectivos:
    Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
    Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
    Solidariedade civil
    Campaña: Foro Social Galego
    Obxectivos dende...


    Quérelo no teu web?

    nemeth
    Res Retica
    O Recuncho
    Xián Baby Web
    Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
    Aldea de Coro
    Ghastas Pista?
    Verbas
    A Ceibaría
    O Reverso
    Galego de seu
    Remexer na lingua
    xulinho.tk
    toponímia galego-portuguesa e brasileira
    Sindícanos


    Creative Commons License
     
    Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
      

    © 2008 CiberIrmandade da Fala
    Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

    Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com