Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as arrow A Policía fala pouco galego; os medios de comunicación, máis ben nada  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega

A Policía fala pouco galego; os medios de comunicación, máis ben nada Imprimir Correo-e
Escrito por Kiko das Leiras   
Martes, 24 de Xuño do 2008

VIEIROS -  Os sectores públicos que utilizan en menor medida o galego son a Policía Nacional, con 25,93 puntos sobre 100, seguida da Axencia Tributaria, con 27,9, e a Administración de Xustiza e mais a Garda Civil, con 9,6 puntos ámbalas dúas. Estes son algúns dos datos que se desprenden do último estudo realizado polo Observatorio da Lingua Galega, pertencente á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O informe baséase no estudo de 7.500 enquisas e 22 paneis de escoita, ademais da análise da rotulación e das comunicacións ao exterior, a utilización do idioma polo persoal, os criterios lingüísticos, o uso interno e a documentación.

O informe tamén subliña o baixo índice do uso do galego no mundo das finanzas, o comercio e maila empresa privada, onde os datos non chegan aos 34 puntos. Pola contra, os sectores que rexistran un emprego da nosa lingua maior son a Educación e mais a Administración. O maior índice acádao o ensino non universitario (con 88 puntos sobre 100), seguido do universitario (71,98 puntos), a Xunta (78, 16), a Administración Local (72,28) e as entidades estatutarias galegas (85,91).

Medios de comunicación

Outro dato negativo refírese á utilización do galego nos medios de comunicación. Malia as subvencións para fomentalo, o estudo revela unha escasa presenza da lingua do país tanto en medios escritos, como na radio ou na televisión.

Se falamos de xornais, os seis de máxima difusión en Galiza só empregaron o galego para o 6,5% dos seus textos, correspondendo á publicidade un 14,7%, e ás noticias só un 4,6%. A radio só adica ao galego un 20% do seu tempo semanal, e a televisión non destina máis dun 65% do seu espazo publicitario das desconexións para Galiza.
 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña:


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com