|
Obxectivo. A distribuidora Cameo non quere engadir o galego na serie "Víbora Negra" |
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Domingo, 05 de Marzo do 2006 |
|
Dende que transcendeu que a empresa Cameo tiña intención de distribuír en DVD a serie “víbora negra”, e que a TVG negaba a cesión da dobraxe en galego da mesma por mor de “incorreccións normativas”, o que motivaría que a distribución iría nas linguas inglesa, española, catalana e vasca, ficando fora a nosa lingua, houbo certa resposta social.
O día 3 de marzo, A Mesa pola Normalización Lingüística publicou no seu web que por fin a TVG aceptaba ceder gratuitamente a dobraxe, pero que a estas alturas a empresa Cameo vía que xa era tarde para incorporar a versión galega.
Independentemente dos criticábeis feitos pasados por parte da TVG, o certo é que temos que tentar influír a fin de que Cameo reconsidere a súa intención actual, e incorpore a nosa lingua na súa distribución.
Xa que logo, convidámosche a que participes no envío de correos á distribuidora Cameo no que, dun xeito amábel, agradezas o seu interese e solicites a reconsideración da súa postura.
Podes facelo dende aquí e agora con so cumprimentar o teu nome e correo. (Desactivamos este obxectivo por consideralo acadado).
|