Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as arrow O Centro de Estudos Galegos de Oxford presenta unha escolma de contos traducidos ao inglés  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Dimensiona

O Centro de Estudos Galegos de Oxford presenta unha escolma de contos traducidos ao inglés Imprimir Correo-e
Escrito por Kiko das Leiras   
Mércores, 25 de Xuño do 2008

Praza das letras.org - O obradoiro de tradución galego-inglés do Centro de Estudos Galegos de Oxford leva traducindo en grupo desde o ano 91, por iniciativa do director do centro, John Rutherford e do primeiro lector que alí estivo, Benigno Fernández Salgado. Logo dese tempo, agora ve a luz un dos seus proxectos: unha antoloxía de relato contemporáneo traducida ao inglés.

Será presentada o 25 de xuño vindeiro en Cork, no Café Panorama do Centro de Estudantes. Participará un dos autores antologados, o poeta, narrador e xornalista Miguel Anxo Murado e mais María Liñeira, do Centro de Estudos Galegos de Oxford, con quen falamos para que conte do delongado proceso que deu lugar a esta obra.

Comeza a lectora de galego en Oxford aludindo ao inusual interese pola tradución para un académico británico do profesor Rutherford e aos anos de traballo en que “o obradoiro traduciu unha colectánea de contos de Ferrín Them and other stories] e mais as Cousas de Castelao, e polo medio outros moitos textos, pequenas pezas de teatro de Blanco Amor ou Cunqueiro, tamén poesía, Lorenzo Varela e María Mariño polas Letras”. Conta tamén que o obradoiro acaba de traducir O gato da tasca mariñeira de Bernardino Graña e que teñen rematada a tradución da obra de Casares A galiña azul. Reflexiona a seguir sobre a dificultade de atopar un editor “a non ser pola xente de Planet que tirou os anteriores, e agora por Xelís de Toro”.


Agora o froito dese traballo delongado ve a luz co título From the Beginning of the Sea: Anthology of Contemporary Galician Short Stories. Inclúe a escolma dous contos dunha ducia de narradores: Marilar Aleixandre, Xurxo Borrazás, Uxía Casal, Luisa Castro, Cid Cabido, Marina Mayoral, Miguel-Anxo Murado, Gonzalo Navaza, Xavier Queipo, Manuel Rivas, Suso de Toro e Xelís de Toro. Conta cun prólogo de Kirsty Hooper, lectora de galego e español na Universidade de Liverpool e para a tradución figura a autoría colectiva, segundo Liñeira “unha das teimas de Rutherford, moi afeccionado a traballar en grupo, algo moi interesante e moi divertido” dado que foron moitas as persoas que pasaron polo obradoiro “para regalarnos unha hora e media á semana” e lembra o labor dos lectores de galego do Centro, “as persoas que deberan levar a medalla disto”.

Verbo da escolla dos autores dinos María Liñeira que foron as persoas que a precederon neste traballo “Xelís de Toro, Benigno Fernández Salgado, Manolo Puga e Gabriel Rei Doval” as que lideraron o proceso e que “Rivas foi un dos primeiros autores traducidos cun conto que está na antoloxía, xa publicado no ano 93”. Cada un dos lectores foron sumando nomes que consideraban relevantes e logo “houbo outras persoas, como Kirsty Hooper, que tiveron tamén oportunidade de dicir o que lle parecía máis interesante”.
No relativo ás preferencias dos receptores de lingua inglesa por determinados autores Liñeira fala da dificultade para valoralo e dinos que ela foi a responsábel da escolla de Marilar Aleixadre, dun conto de Xavier Queipo e de Uxía Casal, que lles interesou moito aos alumnos, pero amais “un texto que lle gustou moito a todo o mundo foi A galiña azul’, que non está incluído na escolma”.

Un dos valores desta antoloxía que agora se publica reside, segundo Liñeira, no feito de que cando comezaron a traducirse “non eran en absoluto textos canonizados” e si apostas moi vangardistas “como a inclusión de Cid Cabido” ou de Xavier Queipo “hoxe indiscutíbel” e alude a que nese sentido “a antoloxía foi moi afortunada, porque atinou”. Así, contén “textos publicados en libros desde os 90, 'Un millón de vacas', ou 'Ártico, e outros mares' xunto con outros publicados no 2006, como ‘Vidas exemplares’ de Uxía Casal”.

Foreign Demand, a editora que se encargou do traballo, ten sede en Brighton (Reino Unido) e foi fundada, entre outros, por Xelís de Toro, artista e ex-lector de galego en Birmingham e Oxford, dentro da iniciativa artística de carácter colectivo Boca2Mouth que xunta xente con interese na performance, na música ou na literatura e que puxo a andar este novo proxecto editorial que ha verter ao inglés obras escritas en linguas pouco accesíbeis para o público anglofalante.
O libro poderase adquirir axiña a través do sitio web da editora e de Amazon e comezará cunha tiraxe pequena para vender fundamentalmente pola rede que aumentará en función da demanda, tendo en conta, segundo nos conta Liñeira que “a cantidade de libro traducido que se move no mundo anglosaxón é ridícula, só un 2%”. Así e todo, a investigadora e profesora na Universidade de Oxford acode á reflexión de Antón Figueroa cando falamos da proxección exterior da literatura galega para dicir que “non é tan importante como eles nos vexan e si como nos vexamos nós” así como á necesidade dun traballo paciente.

Para a presentación, o vindeiro día 25, fala María Liñeira da pertinencia de realizala no décimo aniversario do Centro de Estudos Galegos de Cork “polo valor de xuntar iniciativas con perspectiva no tempo” e da sorte de contar coa presenza de Miguel Anxo Murado “de quen se inclúen na publicación 'Dous amigos' de Mércores de cinza e 'Zoolóxico' de Ruído, relatos de guerra”.

 


 

Nova orixinal:http://www.prazadasletras.org/actualidade/novas/nova/451/from-the-beginning-of-the-sea

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: PuntoGal


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com