Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as arrow Só o 18,3% da poboación usa software en galego  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega

Só o 18,3% da poboación usa software en galego Imprimir Correo-e
Escrito por Kiko das Leiras   
Mércores, 25 de Xuño do 2008

Vieiros - O informe 'Observación no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación, 2007', que presentou o Observatorio da Lingua Galega (OLG), amosa que só o 18,3% da poboación usa algún programa informático en galego. O OGSI faise eco deste estudo.

Os datos do documento determinan que o uso de software en galego aumenta co nivel de estudos da persoa enquisada: pasa do 11,2% da cidadanía con estudos primarios ao 22,2% dos universitarios. Tamén inflúe a lingua habitual do usuario: o 26,5% de galegofalantes fronte ao 11,3% das persoas que falan castelán.

O informe analiza tamén as visitas a páxinas en galego. Segundo os resultados da enquisa, apenas o 11,3% do tempo se navega por páxinas na nosa lingua e o 16,7% dos usuarios teñen a páxina de inicio en galego. Os chats e o correo electrónico contan con menos do 20% de uso na nosa lingua, aínda que a porcentaxe aumenta entre os máis novos e os galegofalantes. Así, a media das mensaxes en galego sitúase no 17,4%, pero acada o 48,5% entre a poboación que emprega a lingua propia e o 22,1% no estudantado.

En calquera caso, o informe do OLG conclúe que os usos lingüísticos do galego nas TIC son moi inferiores aos habituais na cidadanía, cun dominio do castelán nas novas tecnoloxías. A castelá é a lingua predominante no uso da TIC nas empresas, con maiores usos do galego canto meirande é o tamaño da compañía e se teñen como clientes principais as administracións públicas.

No referente ao software en galego, no ano 2007 o 38% das empresas vendeu algún tipo de programa na nosa lingua. O software no idioma propio supuxo o 12,5% da facturación. Porén, máis da metade das empresas afirmou que desenvolver produtos informáticos en galego non custa máis que facelo en castelán.

A situación parece que comeza a cambiar: a demanda de software en galego chegou ao 46% durante 2007, e máis da metade das empresas vendeu produtos na nosa lingua. O 46% considera que a tendencia será que o software en galego medre, fronte a un 44% que opina que seguirá igual.

As administración autonómica e local son os principais demandantes de aplicacións en galego, fronte ás administracións estatais, onde a nosa lingua é minoritaria.
 
 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: Salvemos Monteferro


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com