Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as arrow "No sé si se lo escribe su hijo de 2 años o es algún dialecto con el que hablan ustedes en su aldea"  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña:

"No sé si se lo escribe su hijo de 2 años o es algún dialecto con el que hablan ustedes en su aldea" Imprimir Correo-e
Escrito por Kiko das Leiras   
Xoves, 26 de Xuño do 2008

A Mesa pola Normalización Lingüística deu a coñecer un novo caso de discriminación motivado polo uso do galego no ámbito laboral. Na empresa pública de Navantia, un traballador foi recriminado ofensivamente polos servizos informáticos por escribir os seus correos electrónicos en galego: “No sé si se lo escribe su hijo de 2 años o es algún dialecto con el que hablan ustedes en su aldea”. O comité de empresa de Navantia en Ferrol puxo tal situación en coñecemento da dirección ao pouco de se producir esta situación, a comezos de maio, mais transcorrido mes e medio non houbo ningunha medida, motivo polo cal A Mesa porá en coñecemento dos grupos parlamentares esta situación. 

 
Na conferencia de imprensa participou o traballador afectado, Carlos Outeiro, que cualificou a resposta recibida de “exabrupto que vai alén do nivel individual, xa que eu non coñecía a esta persoa de nada” e lamentou “o mutismo de Navantia, polo que se entende que asume por pasiva o acontecido e que non lles preocupa facer nada para que este tipo de cousas non volvan suceder”. Horas despois da comparecencia pública e pola importante repercusión que obtivo nos medios de comunicación, tanto galegos como a nivel de Estado, un portavoz oficial de Navantia asegurou que a traballadora que asinou ese escrito foi amoestada verbalmente.

O portavoz da CIG na factoría ferrolá de Navantia, Manuel Grandal, lembrou ademais que nesta empresa pública a discriminación lingüística máis xeneralizada é a ausencia total do galego na documentación ou nas sinalizacións. “Mesmo ten máis presenza o inglés que a lingua propia de Galiza”, denunciou.

O presidente da Mesa, Carlos Callón, puxo o acento en que “ningunha empresa pode tolerar unha discriminación lingüística e menos tratándose dunha empresa pública, como é o caso”. Ademais, puxo en evidencia que non se trata do primeiro caso dado a coñecer neste ano 2008 de ofensa a un traballador por utilizar o galego. “¡Burra! ¡No hables lenguas menores!”, “¿Y si se te escapa algo en gallego?” ou “No sé si se lo escribe su hijo de 2 años o es algún dialecto con el que hablan ustedes en su aldea” parecen, ao seu entender, “sacadas dunha colección dos horrores ou de volumes antigos dunha hemeroteca, cando o galego carecía de todo recoñecemento oficial, mais a verdade é que son todas deste mesmo ano en que estamos”.

Os traballadores e as traballadoras non poden usar o galego para comunicarse co servizo informático de Navantia?
v
A empresa Navantia organiza a resolución de distintas problemáticas informáticas a través dun Servizo informático (Helpdesk) de atención aos usuarios, na que calquera traballador envía un correo electrónico explicando o seu problema para a súa resolución por control remoto ou enviando unha persoa ao posto de traballo do usuario.

Cando o posto de traballo do usuario fica en Ferrol este correo electrónico é recepcionado no Departamento Informático de Ferrol o cal pode resolver a incidencia ou enviala ás oficinas centrais (Madrid) en función do tipo de incidencia.

No caso que nos ocupa o usuario fica en Ferrol e a solicitude foi reencamiñada a Madrid sen coñecemento do usuario. A referencia que se fai a “Necora” é a unha aplicación informática para a cal se requere autorización de acceso.

O cruzamento de correos electrónicos foi:

  • Usuario:
    Non podo acceder ao Necora por me dar erro na autentificación.

  • Helpdesk:
    Como no se explique usted mejor, no le vamos poder solucionar nada. María Jesús.

  • Usuario:
    Estimada María Jesús: Cómpreme dispor de acceso á aplicación Necora mais non podo acceder após de introducir o meu nº do documento de identidade e a clave de acceso que viña utilizando.

    A mensaxe que aparece é: “Autentificación de usuario fallida”

    Un saúdo, Carlos Outeiro.

  • Helpdesk:
    Perdone mi torpeza, pero solo entiendo Necora y todavía no sé cuando le sale el error “Autentificación de usuario fallida” (supongo que es un error ¿no?). El resto de su escrito no se si se lo escribe su hijo de 2 años o es algún dialecto con el que hablan ustedes en su aldea. En cualquier caso, no nos haga perder más tiempo, sobre todo, si realmente tiene algún problema. María Jesús.


    INFORMACIÓN NOUTROS MEDIOS DE COMUNICACIÓN:

  • A Mesa denuncia discriminación polo uso do galego en Navantia [ECG - última hora 25/06/08]

  • ¿O galego en perigo?: unha suposta discriminación en Navantia-Ferrol [ECG 26/06/08]

  • A Mesa denuncia discriminación polo uso do galego en Navantia [RF 25/06/08]

  • A Mesa denuncia que Navantia denominou 'dialecto de aldea' o galego nun escrito [ANT 25/06/08]

  • 'Un dialecto de aldea' [LOAC 26/06/08]

  • O galego, un 'dialecto de aldea' [MG 26/06/08]

  • A Mesa denuncia un caso de discriminación lingüística en Navantia [EIG 26/06/08]
  •  
    < Ant.   Seg. >

    Últimos Obxectivos
    Pola nosa língua, envía un correo a:
    Dolce Vita 
    Logo 120x90 animado
    Outros obxectivos:
    Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
    Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
    Solidariedade civil
    Campaña: Apoiamos a Isaac Diaz Pardo


    Creative Commons License
     
    Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
      

    © 2008 CiberIrmandade da Fala
    Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

    Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com