Domingo, 12 de Outubro do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
!JoomlaComment 3.23
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.1
Ó Chou:
Idioma galego para o Akocomment 1.1.6
phpBB 3.0.x: Paquete de imaxes en galego para a Prosilver
Ligazóns ó Chou
Colectivo de Cibergaleg@s Unid@s 
Dicionario da Real Academia Galega 
Portal Galizacelta.com 
Radio Piratona 106.0 FM 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 convidado conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

A CTNL denuncia a paralización da creación do Consorcio para a Planificación Lingüística Imprimir Correo-e
Escrito por Kiko das Leiras   
Xoves, 26 de Xuño do 2008

A Secretaría Xeral de Política Lingüística incumpre todos os acordos e paraliza a creación do Consorcio para a Planificación Lingüística despois de ser anunciado en repetidas ocasións, de estar previsto nos orzamentos da Xunta de 2007 e de 2008 e de ser presentado e aprobado no Parlamento. A CTNL informará ao presidente da Xunta do malestar por este feito e pediralles aos tres grupos parlamentarios que controlen a acción executiva da secretaria xeral, Marisol López, ante o incumprimento dun mandato parlamentario e ante a non execución dos orzamentos para o que foron aprobados.

A pesar de incluírse a creación do Consorcio para a Planificación Lingüística nos orzamentos da Secretaría Xeral de Política Lingüística en 2007 e en 2008, de incluírse no programa operativo desa SXPL, de serlle presentado a concellos e deputacións, de ser anunciado publicamente en repetidas ocasións e de instar o Parlamento á SXPL á creación dese organismo, a secretaria xeral, Marisol López, confirmoulle recentemente á CTNL que decidiu paralizar tanto o Consorcio para a Planificación Lingüística como o Consorcio de Terminoloxía, incumprindo así un acordo parlamentario, desviando para outras accións os fondos dos orzamentos que aparecen vinculados á creación deses organismos, incumprindo o plan operativo presentado no Parlamento galego e incumprindo a súa palabra en contactos, xuntanzas, presentacións e negociacións con colectivos, concellos e deputacións.

O obxecto do Consorcio para a Planificación Lingüística sería o do impulso institucional e social do uso da lingua galega, co fin de acadar para esta máis presenza na nosa comunidade e máis espazos de uso nos diferentes sectores sociais. Para iso, crearíase unha estrutura estábel da que dependesen os servizos de normalización lingüística, con órganos de decisión nos que participarían as distintas entidades consorciadas. Este fora o compromiso adquirido por Política Lingüística.

A creación deste organismo foi incluída nos orzamentos da Xunta de Galicia para 2007 e no Programa operativo dese mesmo ano da SXPL, presentado no Parlamento galego o 7 de marzo de 2007. Logo iniciouse unha rolda de presentacións ás deputacións e concellos das cidades galegas, con continuas informacións públicas, tanto no web oficial da Xunta como en distintos medios de comunicación ao longo de todo o ano. Ademais, no debate de política xeral sobre a situación política de Galiza, que tivo lugar o 3 de outubro de 2007, o Pleno da Cámara aprobou unha resolución na que se instaba á Xunta a promover «unha estratexia de coordinación da planificación lingüística nos distintos ámbitos territoriais de Galicia, a través do Consorcio para a Planificación Lingüística, co que se lle dará un impulso institucional e social ao uso, ao coñecemento e á divulgación da lingua galega nos diferentes sectores sociais».

Coa non creación deste organismo, Política Lingüística segue a incumprir a súa función de «coordinar o labor dos servizos de normalización doutros organismos e administracións públicas» (regulada no Decreto 145/07), pois no que vai de lexislatura non se tomou ningunha medida para iso nin sequera existe ningún tipo de contacto nin colaboración entre os servizos de normalización doutros organismos e a SXPL, a quen lle corresponde coordinalos.

Ante este grave incumprimento, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) informará ao presidente da Xunta do malestar por este asunto, e remitiralles aos tres grupos do Parlamento galego un documento explicativo e un dossier con toda a información para pedirlles que controlen a acción executiva e que teñan en conta o incumprimento dun mandato parlamentario por parte da SXPL. Tamén lles fará chegar información aos concelleiros e concelleiras responsábeis de lingua das sete cidades galegas, como afectados/as, e aos deputados e deputadas responsábeis desta materia nas catro deputacións provinciais. No dossier informativo que a CTNL enviará incluirase copia do apartado dos orzamentos da Xunta de Galicia 2007 e 2008 onde figura a partida reservada para a creación do CPL, copia das notas de prensa da SXPL e compilación de novas onde se anuncia a creación do CPL e copia do BOPG n.º 426, do 9 de outubro de 2007 no que se recolle a resolución aprobada polo Pleno do Parlamento galego o 3 de outubro de 2007 na que se insta á Xunta á creación do CPL.
 
DESCARGAS
 
 
 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: Apoiamos a Isaac Diaz Pardo
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com