Domingo, 12 de Outubro do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
!JoomlaComment 3.23
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.1
Ó Chou:
Resume das modificacións da norma do galego aprobadas pola RAG no 2003 [1 de 2]
Traducción do Events Calendar
Ligazóns ó Chou
Asociación Cultural Amigos de Valle-Inclán. Vilanova de Arousa 
Dicionario da Real Academia Galega 
GZnación 
Radio Piratona 106.0 FM 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 convidado conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

As Redes Escarlatas premian o alcalde de Lubián pola súa defensa da lingua Imprimir Correo-e
Escrito por Kiko das Leiras   
Venres, 27 de Xuño do 2008

 VIEIROS - O Premio Roberto Vidal Bolaño recoñece publicamente persoas e institucións que se distinguen na loita pola emancipación de Galicia e das súas clases populares. Este ano, na súa quinta edición, as Redes Escarlata recoñecen o labor de Felipe Lubián , alcalde do concello zamorano, de fala galega, pola súa defensa da lingua. O Premio entregarase no contexto da II Xeira de lingua e cultura galegas nas Portelas, que se celebrarán na Casa da Cultura de Lubián.

Na acta do premio saliéntase que Felipe Lubián é merecedor do premio pola súa "defensa insobornable da galeguidade lingüística e cultural dos catro concellos galegófonos de Zamora en tódalas corporacións locais, provinciais e autonómicas das que formou parte desde hai 30 anos", ademais do seu "compromiso coa cultura popular, nomeadamente do teatro de base". Así mesmo, saliéntase que o homenaxeado fixo de Lubián "o único concello de fóra da Galicia administrativa onde o galego é lingua cooficial e da escola Tuela-Bibei de Lubián o único centro escolar de Zamora onde se ensina a Lingua Galega".

O acto comezará coa proxección do filme de Antón Dobao 'A Mariñeira', presentado polo seu propio director. Así mesmo, presentarase o número 73 d'A Trabe de Ouro, coa presenza de Xosé Luís Méndez Ferrín, Dionisio Pereira e Xosé Henrique Costas.

 

Nova orixinal: http://www.vieiros.com/nova/67413/as-redes-escarlatas-premian-o-alcalde-de-lubian-pola-sua-defensa-da-lingua

 WEB das REDES ESCARLATAS: http://www.redesescarlata.org /

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: SOS Mourela
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com