|
Obxectivo acadado: distribuidora Cameo |
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Mércores, 08 de Marzo do 2006 |
|
Unha vez que a TVG aceptou a cesión da versión galega da serie "A víbora negra", a distribuidora Cameo informou que era tarde de mais para incorporar a nosa lingua nos seus DVDs ao suporlle un sobre custe que non ían asumir. En todo momento tivemos claro que o único responsábel de que non se puidese disfrutar desas distribucións en galego era, en exclusiva, da TVG. Inda así, a Ciberirmandade, apoiando as xestións feitas por A Mesa, puxemos en marcha unha campaña de resposta social tentando que Cameo reconsiderase a súa postura. A consecuencia foi que Cameo difundiu unha mensaxe na que se ve vontade a respeito da nosa lingua, comprometendose a que o idioma de Galiza estea dispoñibel nas vindeiras distribucións. Xa que logo, entendemos que o obxectivo, inda que para o futuro, está acadado. Parabéns a todos e todas, e parabéns a Cameo.
|