Xoves, 21 de Agosto do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as arrow A Mesa di que só un 35% dos mozos fala habitualmente na lingua do país  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Dimensiona

A Mesa di que só un 35% dos mozos fala habitualmente na lingua do país Imprimir Correo-e
Escrito por Kiko das Leiras   
Venres, 04 de Xullo do 2008
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

O Responsábel Nacional da Mocidade pola Normalización Lingüística, sección xuvenil da Mesa, Fran Rei García compareceu esta mañá na Comisión parlamentar para o estudo da situación da mocidade en Galiza, en nome do colectivo xuvenil da asociación cidadá en defensa da lingua, en resposta ao convite efectuado pola propia institución autonómica.

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
Rei, que agradeceu ao Parlamento e aos seus grupos políticos a “oportunidade” de poder trasladar á sede da Cámara autonómica “as análises da Mocidade pola Normalización e as súas demandas e alternativas”, expuxo durante parte da súa intervención “a complexa e preocupante situación que a lingua galega vive nun ámbito como o da mocidade” á luz dos datos ofrecidos polos diferentes estudos e traballos sociolingüísticos, “que para as deputadas e deputados do Parlamento non serán nin moito menos novos ou inauditos”, asegurou Rei.

Unha situación que, como repite unha e outra vez cada novo estudo que se elabora ao respecto, debuxa “un panorama certamente hipotecado para a lingua galega a medio prazo” que soamente se pode explicar “pola pervivencia, mesmo aceleración, do conflito lingüístico que condena o galego á súa subordinación” e polo “evidente fracaso” da política lingüística oficial desenvolvida nas últimas décadas, a cal, en non poucas ocasións, “nin tan sequera pode ser merecente de tal nome”, opinou o responsábel nacional do colectivo xuvenil da Mesa.

Fran Rei García caracterizou a actual etapa que o galego vive entre a xente máis nova do país en base á “aceleración desmedida do proceso de substitución lingüística do galego en favor do castelán en practicamente todos os ámbitos”; a “ruptura acelerada do proceso de transmisión interxeracional da lingua no eido familiar”; a “marxinalización” e “atomización” a que ficou reducido o uso da lingua propia do país nas persoas menores de 30 anos nos espazos urbanos e, “cada vez máis”, nos vilegos; ou a progresiva “estranxeirización” que vive o galego entre amplos sectores da poboación xuvenil, que en ocasións teñen xa “máis familiaridade co inglés que co galego” e que, como moitas veces se evidencia, “non son quen de manter unha conversa minimamente fluída nin de ler un texto en galego cunha mínima corrección”.

O representante da Mocidade pola Normalización Lingüística salientou tamén como factor “altamente negativos” a persistencia de actitudes ou visións prexuiciosas e tópicas sobre o galego “non sempre exteriorizadas”, porén “si plenamente actuantes”, como tamén determinados estudos sociolingüísticos feitos con técnicas cualitativas están a pór de manifesto nos últimos anos.

Así, Fran Rei referiuse ao tópico do mozo ou moza falante de galego nunha cidade ou vila grande que segue sendo identificado “como un pailán, se a súa fala ten unhas determinadas características” ou, nos outros casos, como “un ou unha nacionalista” (seguindo datos do estudo da Real Academia Galega de 2004 titulado O galego segundo a mocidade); e denunciou tamén que “persiste con forza na mocidade, mesmo en zonas maioritariamente galego falantes, a distinción ‘distinto xénero – distinta lingua’, é dicir, ‘mozo que fala en galego’, ‘moza que fala en castelán’, situacións “que se poden dar no seo dunha mesma familia, co que se comprobaría como “en función do xénero” a lingua a transmitir familiarmente “é unha ou é outra”.

Rei García opinou que o feito de estarmos “perante a primeira xeración da historia de Galiza que xa non se expresa en galego maioritariamente” ou con datos enriba da mesa que son “estarrecedores” para quen non desexe “a desaparición do idioma propio do país” só pode evidenciar que as últimas décadas, “fóra de anécdotas e feitos puntuais”, non só “non contribuiron á normalización e recuperación social do idioma galego como elemento vivo, válido e útil para calquera tipo de uso ou escolla”, senón que mesmo “contribuiron a acelerar o proceso lingüístico substitutivo que hoxe se vive a todos os niveis”. “O que hoxe se describe é a crónica dun fracaso anunciado”, concluíu.

O responsábel da sección xuvenil da Mesa dixo, porén, “que estes datos non nos levan ao desánimo nin ao derrotismo inútil, senón á consideración do moito que hai que traballar” e que “o doente aínda ten cura”, porque se non “non estaríamos aquí”.

Rei apuntou tamén na súa intervención á “necesidade inaprazábel” dun desenvolvemento que demandou “pleno” do disposto no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade pola mesma Cámara en setembro de 2004, nomeadamente “daquelas medidas dirixidas ao ámbito xuvenil”, e reclamou “o pleno cumprimento” do Decreto 124/07 que regula o uso e a presenza do galego no sistema educativo galego non universitario para “podermos ter”, dixo, “por vez primeira o ensino como un axente activo en favor do proceso normalizador da lingua propia, non como o que foi até o momento, un axente desgaleguizador con alumnado que entra falando en galego e sae falando en castelán, sen que aconteza á inversa”. En referencia ao ensino universitario, cualificou de “incomprensíbel” que “vinte e cinco anos despois da aprobación da Lei de Normalización Lingüística siga a existir tal desregulación no referente á presenza real do galego na docencia universitaria”.

O representante da Mocidade pola Normalización Lingüística apelou, con todo, a “diversificar canto sexa posíbel as iniciativas e os campos de actuación en materia de normalización da lingua galega no ámbito xuvenil”, procurando por todos os medios “que o esforzo normalizador non quede soamente no ámbito escolar” e se estenda a todos aqueles espazos que poidan contribuír a crear “referentes socioculturais positivos” na nosa lingua; “unha das necesidades máis urxentes que esta ten na actualidade”.

INFORMACIÓN NOUTROS MEDIOS DE COMUNICACIÓN:

  • A Mocidade pola Normalización Lingüística no Parlamento da Galiza [MG 30/06/08]

  • A pervivencia do conflito [GH 02/07/08]

  • A Mesa alerta da diminución do uso do galego entre os mozos [ECG 02/07/08]

  • A Mesa alerta da “preocupante” situación do galego entre a mocidade [X 01/07/08]
  •  
    < Ant.   Seg. >

    Últimos Obxectivos
    Pola nosa língua, envía un correo a:
    Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
    Logo 120x90 animado
    Outros obxectivos:
    Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
    Activa Galicia - activa o galego 
    Solidariedade civil
    Campaña: Salvemos Monteferro

    Creative Commons License
     
    Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
      
    © 2008 CiberIrmandade da Fala
    Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

    Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com