Venres, 29 de Agosto do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as arrow A Mesa reclama a suspensión da nova campaña de propaganda de Política Lingüística  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña:

A Mesa reclama a suspensión da nova campaña de propaganda de Política Lingüística Imprimir Correo-e
Escrito por Kiko das Leiras   
Luns, 07 de Xullo do 2008
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

A Mesa pola Normalización Lingüística reclama “a suspensión inmediata” da nova campaña presentada hoxe pola Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) e que o diñeiro previsto para a mesma se reinvista en introducir o galego en diferentes ámbitos nos que está excluído. O presidente da Mesa, Carlos Callón, que estivo esta mañá no acto de presentación de dita campaña, afirma que na SXPL, que depende directamente do Presidente da Xunta, “sobra propaganda e faltan medidas”.

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
Callón observa que “de pouco serve que se gasten milleiros de euros en macrocampañas que difunden lemas animando a vivir en galego se nin antes nin despois se adopta ningunha medida para que na realidade se poida vivir nesta lingua”.

“O mesmo departamento que dilapida así o diñeiro é o que non quere investir en que se dobren filmes de éxito ao galego, que se fomenten xoguetes neste idioma, que haxa material pedagóxico en galego para todas as materias, que haxa libros de repaso para o verán, que non pon en andamento ningún proxecto para garantir o dereito de atención en galego nas diferentes administracións, un programa ambicioso de cursos de formación para o profesorado etc. A Secretaría Xeral de Política Lingüística vive da aparencia, allea aos problemas que teñen as persoas que queren desenvolver a súa vida en galego. Eses problemas non se resolven con propaganda nin con autobombo”, conclúe.

A Mesa si valora positivamente as declaracións realizadas hoxe pola titular da SXPL desacreditando as campañas existentes contra o galego e que se camuflan como unha defensa do castelán, presentando “o mundo ao revés”. Callón manifesta o seu desexo de que este tipo de declaracións “sexan máis frecuentes” e que “o Goberno galego nunca cale a boca perante os ataques que sofre a lingua do país e todas as persoas que lexitimamente queren vivir nela”.
 
http://www.amesanl.org/noticias/noticia_tipo.asp?IDNOTICIA=1210
 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Activa Galicia - activa o galego 
Solidariedade civil
Campaña: Salvemos Monteferro


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com