Xoves, 28 de Agosto do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as arrow A Xunta deixa de financiar o mantemento dos servizos de normalización lingüística municipais  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega

A Xunta deixa de financiar o mantemento dos servizos de normalización lingüística municipais Imprimir Correo-e
Escrito por Kiko das Leiras   
Luns, 07 de Xullo do 2008
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

Na convocatoria de subvencións deste ano da Consellería de Presidencia ás entidades locais para a normalización lingüística déixase de financiar o mantemento dos SNL xa existentes nos concellos galegos. Isto pode provocar a desaparición dalgúns SNL existentes, polo que a CTNL pídelles á Consellería de Presidencia e a Política Lingüística que rectifiquen.

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
 
Desde 1991 a Xunta de Galicia viña mantendo unha liña de subvencións para a creación e mantemento de servizos de normalización lingüística municipais e para a realización de campañas de normalización desde os concellos, mais neste ano 2008 a convocatoria de subvencións –feita pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza con fondos do orzamento da Secretaría Xeral de Política Lingüística– deixa de prever o financiamento do mantemento dos SNL, e só prevé a creación de novos departamentos ou a contratación de novo persoal, pero non o financiamento do persoal xa existente.

Por esta razón, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) considera que isto supón un claro retroceso con respecto a anos anteriores, pois debido á inestabilidade, precariedade e dependencia de subvencións destes gabinetes deixalos de financiar pode provocar a desaparición dalgúns SNL existentes en concellos galegos.

Desde a CTNL fixéronse diversas propostas de mellora para esta liña de subvencións, que se lles fixeron chegar tanto á Secretaría Xeral de Política Lingüística como á Consellería de Presidencia en repetidas ocasións (febreiro de 2008, novembro de 2007, xuño de 2007, etc.), mais a convocatoria deste ano, lonxe de ser, en xeral, un avance con respecto a anos anteriores, ten que ser considerada pola CTNL como un claro retroceso, pois non se modificaron as cuestións máis problemáticas de pasadas convocatorias, como a tardanza de publicación (algo do que xa se lle advertiu á SXPL a principios de ano); que a tradución siga a considerarse unha función principal dos SNL, cando a documentación municipal xa debe ser redactada en galego, non noutro idioma e logo traducida polo SNL; que non hai ningún tipo de requisito sobre o tipo de contrato, a categoría laboral, etc., e nin sequera o tipo de contratación é un criterio de puntuación; e que se segue a poñer como requisito que o persoal dos SNL posúa a licenciatura en Filoloxía Galega (galega, galego-portuguesa ou hispánica na sección galego-portugués), cando o traballo en normalización lingüística debe ser moito máis multidisciplinar e non se debe limitar só a coñecementos lingüísticos.

Todo isto coa agravante de que nesta convocatoria se deixa de colaborar no financiamento do mantemento dos SNL xa existentes nas administracións locais galegas.

SOLICITUDE DA CTNL

Por estas razóns, a CTNL solicítalle, unha vez máis, tanto á Secretaría Xeral de Política Lingüística como á Consellería de Presidencia, que se modifique a Orde do 12 de xuño de 2008 pola que se regula a concesión de subvencións ás entidades locais para a normalización da lingua galega (DOG do 24 de xuño) principalmente nos seguintes puntos:
  • Que haxa unha modalidade de axuda para o mantemento dos SNL xa existentes nos concellos galegos.

  • Que se axusten as funcións ás propias dun SNL: dinamización lingüística, formación (socio)lingüística e asesoramento lingüístico, co obxectivo do incremento do uso e prestixio da lingua galega en todos os ámbitos do termo municipal (e que, polo tanto, non se considere a tradución como unha das funcións propias dos SNL).

  • Que os/as técnicos/as de normalización dos SNL estean en posesión dunha licenciatura (sen limitar esta a filoloxía galega e equivalentes) e que teñan praza ou estean contratados/as coa categoría laboral correspondente a un/unha licenciado/a.

Desde a CTNL considérase imprescindíbel, ademais, que dunha vez se poña en marcha o xa anunciado para 2007 Consorcio para a Planificación Lingüística (que nestes momentos a SXPL ten paralizado) e que tamén dunha vez Política Lingüística asuma a súa función de coordinar o labor dos SNL, até o momento totalmente esquecida.

DOCUMENTOS

< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Activa Galicia - activa o galego 
Solidariedade civil
Campaña: PuntoGal

Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  
© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com