Domingo, 12 de Outubro do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as arrow Casa da Lagoa (Centro de Interpretación da Lagoa de Antela)  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Dimensiona

Casa da Lagoa (Centro de Interpretación da Lagoa de Antela) Imprimir Correo-e
Escrito por Medulio   
Martes, 08 de Xullo do 2008
Areeira recuperadaA Casa da Lagoa (Centro de Interpretación da Lagoa de Antela) abriuse fai pouco en Sandiás, nunha casa tradicional rehabilitada para tal fin,  e nil preténdese dar a coñecer dunha forma didáctica a historia da lagoa de Antela, a través dun percorrido que abrangue dende a formación da antiga lagoa de Antela, a súa desecación,  ata a actualidade coa recuperación medioambiental das antigas areeiras. Pra iso, preténdese levalo cabo a través de modernos soportes audiovisuais (cámaras teledirixidas pra observa-lo que está a acontecer nos humedais, breve documental sobre a lagoa de Antela e sobre o patrimonio historico-artístico da zona, etc.), paneis interpretativos, explicaciós didácticas, etc. Por medio destes recursos os  visitantes poderán observar e coñecer a grande diversidade de aves que habitan de forma esporádica ou permanente na comarca, tentando con isto incrementa-la sensibilidade medioambiental, así como implicar ós visitantes na salvagarda do noso patrimonio cultural e medioambiental.

Co eslogan ¨Vennos descubrir¨, preténdese a  visita e o descubrimento da memoria da lagoa de Antela en Sandiás, xusto cando neste ano se cumpren os 50 anos do comezo das obras de desecamento (1958-2008). Para saber máis: http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=12492
 
 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: Salvemos Monteferro


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com