Venres, 22 de Agosto do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as arrow Dignidade  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña:

Dignidade Imprimir Correo-e
Escrito por Kiko das Leiras   
Venres, 11 de Xullo do 2008
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

Faro de VIgo - Por mor dunha xestión importante véxome obrigado a facer unha chamada telefónica a Vigo, a unha persoa descoñecida. Descolga e expóñolle o motivo. En galego, naturalmente. Ela, amablemente, respóndeme en español. E así intercambiamos un par de frases. Nese momento, o meu interlocutor dime: Perdón. ¿Podría hablarme en castellano? Coa mesma educación, eu respóndolle: Si, no hay ningún problema. Porque, ¿no entiende? A súa réplica textual é: Si, pero no quiero que nadie me obligue, que es distinto. Entón, por simple dignidade persoal, con igual cortesía, dígolle eu: Non se preocupe, que eu non a vou obrigar. Moi agradecido. Bos días. E colgo. Resulta triste e revelador.

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
Triste porque dúas persoas que se entendían perfectamente sen impoñerlle ningunha delas á outra a súa lingua tiveron que interromper o diálogo. E o diálogo é a única maneira civilizada de se entenderen as persoas.

E é revelador porque queda claro que a negativa ao galego por parte desa persoa non foi o que non me entendese. Eu, como galego que fala varias linguas, considero esa razón poderosa e respectable e falaríalle en calquera lingua na que nos puideramos comunicar. Mais non, o motivo era ben diferente: o feito de eu falarlle na miña lingua considerábao -ou dicía considerar- unha imposición. Ergo era eu -que non tomaba por imposición ningunha que ela me falase en español- quen debía renunciar á miña lingua.

Lamentablemente, nesa concepción coinciden outras persoas. O que acontece é que, se cadra, non expoñen con tanta claridade a motivación.
Onde está o problema co galego?

Entender, enténdese doadamente, e impor non se impón en ningures como pode comprobar calquera persoa que aquí viva. Na Administración a presenza do galego é mínima e a maior parte das veces simplemente "decorativa". O extraordinario non é o uso do español senón o do galego. Pense un pouco calquera de nós na súa experiencia na Sanidade Pública, por exemplo: se o persoal emprega o galego (mesmo cos que o falamos), se a documentación, as indicacións escritas, os tratamentos, as receitas, os carteis, a rotulación, etc. están en español ou en galego. E isto acontece en toda a Administración -estatal, autonómica e local- e en toda Galiza.

Mentres tanto, pretéxtase que o español está aquí en perigo. Porque no ensino hai que estudar unhas horiñas en galego. Porque algunha vez -moi esporádicamente- algunha entidade oficial manda algún escritiño en galego. Porque algunha vez alguén telefonea en galego.

A realidade é moi distinta. Hai unha xenreira -ata hai pouco soterrada e agora desenterrada, manipulada, dirixida e envenenada- contra o noso idioma. Non molesta que vaia acadando a normalización que merece, porque estamos moi lonxe diso xa que o Poder sigue facendo o paripé e os que din preocuparse miran para outro lado (que se monecas, que se filmes...) sen esixir o seu uso no cerne da Administración e uniformemente. Non molesta que predomine na cidadanía como lingua maioritaria porque o seu emprego vai inexorablemente reducíndose e a súa identidade vaise disolvendo nun dialecto do español. O que molesta é que aínda siga vivo, que haxa aínda xente que o usa coa cabeza alta, que mesmo, por veces, haxa na sociedade incorporacións significativas ao noso idioma. Que moitos galegos e galegas non se avergoñen de falar e escribir a lingua que falan e escriben. Por iso hai que acabar con esa lingua. Porque deben vivir coa cabeza baixa e a boca pechada. Como sempre foi. Ou van mandar eles agora? Por iso hai que mentir descaradamente e presentar o agredido como agresor, a víctima como culpable.
Pero a xogada non pode ir avante. Porque non se decataron aínda de que os galegos temos dignidade. Individual e colectiva. E seguiremos a defendela. Coa mesma tolerancia, diálogo e respecto que sempre. E coa mesma firmeza.

< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Activa Galicia - activa o galego 
Solidariedade civil
Campaña: Convivencia e igualdade

Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  
© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com