|
A CiberIrmandade hospedada en RedeGalega.org |
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Xoves, 16 de Marzo do 2006 |
|
A CiberIrmandade da Fala e a asociación cultural Fillos de Galicia anuncian o acordo polo que a CiberIrmandade pasa a hospedarse no servidor de RedeGalega.org, propiedade de Fillos de Galicia.
CiberIrmandade e Fillos consideramos que a unión de todos os galegos e galegas, residentes e emigrantes, naturais de Galiza e descendentes, debe basearse na nosa lingua común, e para que as persoas que queren recuperar o idioma dos seus antergos teñan información dispoñíbel na nosa lingua, a Fillos parécelle fundamental apoiar unha iniciativa como a da CiberIrmandade da Fala. Por isto, pola converxencia dos nosos obxectivos culturais e lingüísticos, Fillos de Galicia decide fornecer aloxamento de balde á CiberIrmandade que permita sumar esforzos e optimizar recursos.
CiberIrmandade e Fillos esperamos que a colaboración se estenda a outros ámbitos e que os milleiros de participantes na comunidade virtual Fillos.org poidan apoiar as campañas da CIF, e que os voluntarios que colaboran con esta poidan estar máis en contacto e apoiar as actividades dos emigrantes que usan internet para se achegaren a Galiza, á súa cultura e identidade como galegos.
A CiberIrmandade quere facer público o seu agradecemento.
|