Martes, 07 de Outubro do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as arrow Os turistas, tamén a prol de que se fale galego  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña:

Os turistas, tamén a prol de que se fale galego Imprimir Correo-e
Escrito por apana   
Domingo, 13 de Xullo do 2008

anosaterra Os turistas que visitan Galicia consideran que a existencia nesta comunidade dun idioma propio cooficial ao castelán, o galego, é un dos factores que promoven que sexa considerada como "un lugar especial e non estandarizado" e, en lugar de sinalar este feito como un obstáculo, cren que esta lingua lle confire "identidade". Así o conclúe un estudo interno, realizado mediante enquisas a visitantes en Galicia, encargado este ano pola Dirección Xeral de Turismo e á conclusión da cal tivo acceso Europa Press. Precisamente, estas conclusións colisionan co manifestado esta semana pola Mesa do Turismo en Madrid, que afirmou que a cooficialidade lingüística nalgunhas autonomías españolas "prexudica a imaxe do turismo español".

Neste sentido, a Dirección Xeral de Turismo manifestou sentirse "en desacordo" coa idea de que a existencia de dúas linguas nalgúns territorios españois, como Galicia, Euskadi, Cataluña, Valencia ou as Baleares, "supón unha dificultade para os turistas" tanto castelanfalantes como estranxeiros, tal e como manifestou a Mesa ao adherirse esta semana ao 'Manifesto por unha lingua común'.En contraposición, segundo os datos achegados por Turismo a Europa Press, as enquisas realizadas apuntan precisamente ao idioma propio como "un dos valores e elementos simbólicos que actualmente en maior medida sustentan a imaxe de Galicia como destino turístico" e expresan, textualmente, que "non xera rexeitamento" por parte dos viaxeiros.

Nesta liña, Turismo asegurou que os visitantes ven o idioma propio de Galicia como "un elemento diferenciador e representativo" da comunidade, que permite "un maior achegamento á cultura local".A Xunta cualificou o turismo como un sector baseado "na identidade e a singularidade do destino elixido" e, en contra de polémicas pola lingua usada, recoñeceu a importancia de "contar con persoal ben formado nas linguas cooficiais" de toda España, "pero tamén" noutras linguas como o inglés, o francés, o italiano ou o alemán.

A Dirección Xeral de Turismo de Galicia, xunto cos seus organismos homólogos das Illas Baleares, Catalunya e Euskadi, remitiu a raíz desas conclusións un comunicado para rexeitar as declaracións da Mesa do Turismo, asegurando que "defender un idioma non é expulsar" os visitantes e pedindo que "ninguén utilice a pluralidade lingüística" para "confundir a realidade" da "extraordinaria convivencia que se xera con todas as persoas que gozan das súas vacacións" nestes lugares.  Neste sentido, este organismo autonómico, rexeitou as declaracións da Mesa asegurando que as comunidades españolas bilingües "rexistran incrementos anuais na afluencia de turistas, tanto estranxeiros como estatais" e "representan a área de maior impacto turístico do Estado".

Os hostaleiros, tamén a favor

Nesta mesma liña, o presidente da Confederación de Empresarios de Hostalaría de Galicia (Cehosga), Xoán Silva, fixo fincapé na "hospitalidade" turística galego e considerou que este sector en Galicia "non está prexudicado" pola existencia de dúas linguas xa que, apuntou, "ao final a nosa intención é atender" os visitantes." Aínda que estamos sensibilizados co noso idioma, sempre que os turistas nolo requiren intentamos facernos entender, non só en castelán, senón en calquera outro idioma", apuntou Silva en declaracións a Europa Press.

Nesta liña, o presidente de Cehosga asegurou non ter constancia de "ningún problema por esta cuestión", nin de que o idioma "estea a afectar ao turismo" na Comunidade.No relativo ás sinalizacións e carteis en galego, Silva apostou por que "deberían ser nos dous idiomas" e, aseverou, "de feito en moitos estabelecementos son en castelán e en galego, e mesmo en máis idiomas". Aínda así, Silva afirmou que a existencia de carteis só en galego "non é tampouco un problema" xa que, este idioma "é moi similar ao portugués, e tamén ten parecido co castelán".

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: Convivencia e igualdade


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com