|
Moi mal están as cousas cultural e lingüisticamente dende un punto de vista galego no ramo da arquitectura... Se ben o web do Colexio de Arquitectos está en galego (e por defecto) vai camiño de, na próxima remodelación que fagan, deixalo só castelán. As publicacións fanse xa na súa gran maioría só en castelán (con portadas en galego pra "da-lo pego"). E, claro, o web da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Cruña está só en castelán (é un dos nosos obxectivos máis veteráns –marzo 2001-), e a pesares da solicitude, por parte do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade, de tradución do seu web, seguen incumprindo coas peticións, desexos dos visitantes e coa legalidade que marcan os Estatutos universitarios. Esto din os Estatutos da USC no seu artigo 5º: 1.- Na Universidade da Coruña serán linguas oficiais as recoñecidas no Estatuto de Autonomía de Galicia, sen que se poida facer discriminación por razóns de uso de calquera delas.
2.- A lingua propia da Universidade da Coruña é o galego, que será o seu vehículo normal de expresión. Para a súa normalización fomentará o seu uso en todas as súas actividades.
Convidámoste a esixir os teus dereitos lingüísticos, dende aquí e agora con so cumprimentar o teu nome e correo, e na medida do posíbel, a que espalles esta información. O correo que che ofrecemos (con dous modelos que poderás seleccionar), vai destinado ao Laboratorio de Deseño Asisitido, con copia para o reitor, director e subdirector da Escola, así como ao xefe do gabinete do reitor.
|