GZNacion - Que che parecen estas novas que din que un castelanfalante en Galiza ten problemas para desenvolverse no día a día? A min paréceme que roza o surrealismo. Quizais é iso, que ao ter gozado dunha hexemonía total durante tanto tempo, iso aínda está enraizado, e ao mellor a mera existencia do outro fai desestabilizar a súa propia identidade, pero creo que é un proceso para o que hai que ir educando, pero polo menos teñen que aprender a convivir xa que hai unha lingua máis que é a propia do territorio, pero en resumo dubido que un castelanfalante teña problemas no día a día, por exemplo ao ir a un banco, ou mercar nunha tenda e que a tendeira te atenda…
A escritora Iolanda Castaño ven de presentar, xunto a outros escritores e xente da cultura galega o ‘Manifesto a prol da convivencia lingüística e da igualdade de dereitos para o galego’ onde se amosou preocupada pola actual utilización política da lingua que se está a facer e sentiuse preocupada de que un galegofalante non teña hoxe en día os “mesmos dereitos garantidos para desenvolver a súa vida diaria en galego”. - Cales son as túas inquedanzas ou motivacións para unirte a este manifesto? - Como galegofalante teño múltiples experiencias negativas para poder desenvolver a miña vida diaria en galego, como por exemplo tratar de facer a miña hipoteca en galego, avisando previamente, e nin así fun capaz… así que dubido que un castelanfalante teña este tipo de problemas. Entón vexo que non temos os mesmos dereitos garantidos para desenvolver a nosa vida en galego, e falo en Galiza. - Que opinas sobre a proliferación de manifestos a prol da lingua que están a sair agora? Cres que obteñen resultados na sociedade? - Polo menos crean debate. As palabras serven para iso, para mover as conciencias, para xerar debate, para xerar ideas, para que as persoas se cuestionen un mesmo tema dende dous puntos de vista diferentes, e despois que cada un tire as súas propias conclusións. - Que che parece a utilización da lingua como utensilio de confrontación política que se está levando a cabo hoxe en día? - O que non me gusta é que se utilicen as linguas como armas arroxadizas. E sobre todo o que non me gusta é que para a defensa do propio se teña que atacar o de enfronte, por iso me gusta este manifestó que procura a convivencia. Entendo que o castelán gozou dunha hexemonía durante moito tempo polas vías que fose, agora non entro niso, pero cos pequenos avances aínda cativos que se fan a prol da recuperación do galego e da súa normalización lingüística, pois quizais o castelán teña que aprender a convivir con outras linguas, polo menos coa lingua propia do territorio, que é o galego. Trátase de que sexa en positivo, non de atacar ao outro, de restar dereitos ao outro, senón que poidamos todos convivir, en normalidade. - Que che parecen estas novas que din que un castelanfalante en Galiza ten problemas para desenvolverse no día a día? - A min paréceme que roza o surrealismo. Quizais é iso, que ao ter gozado dunha hexemonía total durante tanto tempo, iso aínda está enraizado, e ao mellor a mera existencia do outro fai desestabilizar a súa propia identidade, pero creo que é un proceso para o que hai que ir educando, pero polo menos teñen que aprender a convivir xa que hai unha lingua máis que é a propia do territorio, pero en resumo dubido que un castelanfalante teña problemas no día a día, por exemplo ao ir a un banco, ou mercar nunha tenda e que a tendeira te atenda… - Con todos estes debates que saen, como ves a situación do galego? - Eu non son das pesimistas, son máis ben optimista e penso que aínda que é certo que hai graves problemas, tamén hai algún avances, polo menos vexo un pouco menos de prexuizo do que había hai dez anos e que nas novas xeracións hai un maior coñecemento do galego, aínda que non se emprega de motu propio pero si se adoita tratar de respostar en galego a un galegofalante, e tamén está trunfando o galego como lingua da cultura e da reivindicación. Pero aínda queda moito por facer. Eu que me movo polo país sigo escoitando falar o galego.
|