Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as arrow 'O Ollo Público' renova a súa forte aposta pola defensa da nosa lingua  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña:

'O Ollo Público' renova a súa forte aposta pola defensa da nosa lingua Imprimir Correo-e
Escrito por Medulio   
Luns, 28 de Xullo do 2008
O Ollo Público

[O Correo Galego] "¿Que é normalizar? Coidamos que vén a ser ir facendo cotián aquilo que non o é ou que perdeu o seu carácter habitual, e con el a ética, a estética e mesmo a dignidade. E perdouno porque algo ocupou o seu sitio como subtituto", di o arqueólogo e escritor Felipe Senen, nun documentado artigo publicado no último número de O Ollo Público, revista das artes.

A publicación, única revista cultural escrita en galego, chega ao seu número 23 da segunda etapa renovando permanentemente o seu deseño e mantendo a excelente calidade do seu contido, apoiado en artículos de cualificados profesionais.

Na portada, unha seductora pintura de Pájaro -artista ao que se pode achegar visitando a páxina web: www.pajaro-art.com-, é a única ilustración e deixa as gañas de ver máis traballos do pintor, que finalmente poden ollarse a partir da páxina 17, nun artigo asinado por Perán Eminy, crítico de arte internacional e director de relacións nacionais e internacionais da Asociación Venezolana de Artistas Plásticos.

"Procuramos mostrar a obra de artistas internacionais para que aquí se saiba o que se fai fora", di o director de O Ollo Público, Fernando Vilaboa Martínez, que engade: "Esto vale para a pintura e para a fotografía pero, nesta nova etapa tamén destacan os artigos de cine, ou de literatura, onde seguimos a nosa liña de facer a tradución de poetas europeos á língua galega". Sen dúbida, todo o respecto e todo o amor pola fala.

Na plantilla de colaboradores deste número, figuran ademáis os nomes de J.A. Cidre Bardelás, arquitecto; José Ángel Vilas, profesor de Historia da Música do Conservatorio de Vigo; Óscar Suárez (activista do cine), catedrático de Ética na Universidade Autónoma de Madrid; Marta Méndez Rebolo, licenciada en Historia da Arte pola USC e La Sapienza, de Roma; Xavier Moreda, perruqueiro e políglota; Gustavo Luca de Tena, xornalista; a viñeta de Pepe Carreiro, e o propio director, Fernando Vilaboa, que entrevista a Achernar.

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: PuntoGal


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com