Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña:
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.3
!JoomlaComment 3.23
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Ó Chou:
Idioma galego para o Letterman 1.2.2
Tradución ó galego do compoñente DOCMan 1.3 RC2
Ligazóns ó Chou
Dicionario da Real Academia Galega 
Frente Popular Galega 
O Recuncho 
Tesouro Informatizado da Lingua Galega 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 convidado conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

ING Direct respóndelle á Mesa que seguirá sen utilizar o galego, a pesar de que empregan o catalán Imprimir Correo-e
Escrito por Kiko das Leiras   
Luns, 11 de Agosto do 2008
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

 A Mesa convida á clientela galega de ING-Direct a que “repense” a súa vinculación coa entidade

Nunha resposta á Mesa pola Normalización Lingüística, a entidade financeira a distancia ING Direct sinala que non vai utilizar o galego mentres a lexislación lingüística de Galiza non o determine taxativamente. A Mesa lamenta esa “resposta agresiva contra todos os clientes galegos” e lémbralle a ING Direct que “a lingua galega existe e temos dereito a poder utilizala con normalidade”. Ademais, cualifica á financeira de “prepotente” e afirma que “dá unha imaxe penosa ao negar un dereito tan básico como poder utilizar a propia lingua”, polo que convida á clientela galega a que “repense a súa vinculación con esa entidade”.
 
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

 
Na cláusula 14 do seu contrato de prestación de servizos, ING Direct estabelece que os seus clientes e as súas clientas poden formalizar tal contrato en castelán e en catalán, así como executar nestas linguas as prestacións derivadas do mesmo. Ademais, “nos stands promocionais situados en centros comerciais localizados na Comunidade Autónoma de Cataluña, as citadas xestións poderán ser realizadas, a elección do cliente, tamén en catalán”.

Usuarias e usuarios desta entidade financeira en Galiza manifestaron as súas queixas por non poderen formalizar os contratos nin poderen realizar ningún tipo de xestión, telefónica ou en liña, en galego. Perante tal evidente discriminación, A Mesa pola Normalización Lingüística púxose en contacto coa dirección de ING Direct para solicitar algún tipo de solución. A resposta chegou asinada polo responsábel de Estratexia de Produto Cuenta Naranja e Produtos de Investimento, Javier Montes Pita, e polo director de Cumprimento Normativo, Francisco Javier Castillo Sánchez. Nela, manifestan que non dan ningunha opción de realizar ningunha xestión en galego porque a lexislación lingüística de Galiza non o estabelece.

Para A Mesa, “ademais da prepotencia de ING Direct, fica tamén en evidencia a desidia que caracteriza á Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta, máis interesada en facer propaganda inútil que en desenvolver accións que sirvan para introducir o galego en ámbitos dos que está tan minorizado, como pode ser o financeiro”.

Cómpre lembrar, nese sentido, que, segundo a Carta Europea das Linguas, nos regulamentos financeiros e bancarios deben existir cláusulas que garantan o uso do galego. Este tratado internacional foi ratificado hai sete anos polo Estado español, mais tales cláusulas seguen sen existir.
 
 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: Convivencia e igualdade
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com