|
Primeiro manual de condución en galego |
|
|
|
Escrito por apana
|
|
Martes, 19 de Agosto do 2008 |
CTNL A editorial Etrasa, especializada en contidos de seguridade e educación vial, informou de que lanzou ao mercado un manual de regulamentación dos permisos de conducir C1 e C en lingua galega. Trátase, polo tanto, do primeiro manual de regulamentación da condución en galego. Os permisos de conducir C1 e C autorizan a condución de automóbiles con masa máxima autorizada superior a 3.500 kg e inferior a 7.500 kg, no caso do C1, e sen límite no caso do C. Agora o alumnado galego poderá contar cun manual de coñecementos específicos para o transporte de mercadoría na súa lingua. Segundo a editorial, este manual lánzase para ofrecer o mellor servizo a todos os centros de formación galegos e facilitar, deste xeito, o proceso de aprencizaxe do alumnado. Segundo Efa Rimoldi, directora xeral de Etrasa, "ofrecer a posibilidade de preparar o exame de conducir na lingua do alumnado garante unha formación en condución vial de maior calidade". Ademais, "tanto a comprensión de textos como a das preguntas de exame vense así notabelmente incrementadas".
|