|
Camilo Nogueira: "Galicia é unha nación, non unha parte de España" |
|
|
|
Escrito por apana
|
|
Martes, 19 de Agosto do 2008 |
GALICIAHOXE Camilo Nogueira Román (Vigo, 1936; casado: dúas fillas: catro netos; enxeñeiro e economista; ex deputado no Parlamento galego; ex deputado no Parlamento Europeo) acaba de publicar dous ensaios na Editorial Galaxia, Europa o continente pensado e Galicia na Unión. A porta atlántica, que están a merecer a atención da crítica especializada. E está a preparar outras obras de pensamento, entre elas unha segunda parte dun libro que escribiu hai xa tempo, A memoria da nación, referido nese momento ao reino de Gallaecia, que espera ter rematado este ano. Trátase "dunha visión crítica respecto do Estado español e da súa ideoloxía. E, ao mesmo tempo, dunha visión independente de Galicia nesa época, tanto dos Ausburgo como dos Borbón, como xa nos séculos XIX e XX e ata hoxe, falando do movemento nacional galego e das circunstancias económicas e culturais de Galicia, para desembocar nunha Galicia como unha nación do mundo".
|