|
Fillos.org supera os 6.000 membros e afiánzase nas principais comunidades virtuais da emigración |
|
|
|
Escrito por apana
|
|
Martes, 19 de Agosto do 2008 |
 CÓDIGOCERO o portal da emigración galega que ten xa tras de si máis dunha década unindo aos galegos do exterior e do  interior a través das novas tecnoloxías, vén de superar a cifra de seis mil usuarios rexistrados. Con este número total de afiliados e con claras perspectivas de ampliación a curto e medio prazo, a comunidade virtual sitúase entre as oito de maior envergadura do mundo. Con todo, e tal e como dixemos, Fillos.org leva anos suxeita a un proceso de medre constante. A clave disto probablemente estea no feito de non seguir, a diferenza dalgunhas entidades actualmente situadas entre as 10 de meirande magnitude, unha liña exclusivista. De feito, non se requiren máis requisitos para pertencer á comunidade (que é de balde) que sentirse galego ou galega, con independencia de ter nacido na nosa terra ou ter orixes nela. Segundo indicou hai uns días o secretario de Fillos.org, Manuel Casal Lodeiro (na imaxe, á esquerda), o colectivo tivo un medre superior ao 20% no número de usuarios ao longo do último ano.
|