|
Quén está conectado? |
|
Temos 1 membro conectados |
|
|
Quintana denuncia o “racismo lingüístico” ao respecto do galego |
|
|
|
Escrito por apana
|
|
Domingo, 24 de Agosto do 2008 |
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';} function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';} function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';} 
XORNAL.COM O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, aproveitou a súa presenza hoxe na XXIX Festa do Gaiteiro de Soutelo para reivindicar o papel da lingua como espazo de reafirmación da nosa identidade como pobo, logo de anos de represión e silenciamento. O vicepresidente afirmou a este respecto que “algúns, dende fóra de Galiza, tentan falar dunha persecución do castelán no noso país e iso é faltar á verdade”. Engadiu que, tratar de buscar problemas onde non os hai, constitúe unha sorte de “racismo lingüístico que non estamos dispostos a tolerar”. Quintana considera que, nun mundo globalizado, a identidade propia nunca é un problema, senón unha riqueza e un valor engadido que “temos que aproveitar”. O vicepresidente explica que, dende fóra, intentan trasladarnos unha guerra lingüística e de identidade que nada ten que ver coa nosa realidade. “Non hai causa xusta no mundo que se poida sustentar nunha mentira”, insistiu, ao tempo que reivindicou a actitude e o traballo dos galegos e galegas por manter a nosa identidade como a mellor resposta a estes ataques. Engadiu que “os galegos e galegas somos un pobo con identidade propia que pode vivir con tódalas culturas”, ademais de reclamar “para a nosa lingua, a nosa identidade e a nosa cultura o mesmo estatus que para o resto das culturas”.
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';} function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';} function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';} Música con identidade propia Quintana considerou a Festa do Gaiteiro de Soutelo como “a festa da música tradicional galega que supón unha declaración de confianza e reivindicación da nosa identidade”. Tamén a sitúa como un recoñecemento da nova xeración de galegos comprometidos coa música tradicional galega, ao tempo que representa unha homenaxe e posta en valor da traxectoria do célebre Avelino Cachafeiro, gaiteiro de Soutelo, un dos persoeiros máis relevantes da historia musical do país. O vicepresidente referiuse á situación actual da música galega, da que dixo estar vivindo un momento de esplendor creativo, de fortalecemento como sector e que vai camiño de se converter nunha auténtica industria cultural. Mostras disto son os avances na profesionalización, o millón de espectadores que asisten cada ano a concertos de música tradicional, así como o auxe das gravacións e a proliferación de certames musicais. Neste sentido, Quintana valorou como moi activa a política de promoción musical levada a cabo pola Consellería de Cultura, cun compromiso orzamentario duns 5 millóns de euros neste ano. Tres son os eixos de traballo: o primeiro deles é a posta en marcha de programacións específicas, como a Rede Galega de Música ao Vivo, o Circuíto musical 4x4, Cultura Vai, o Certame de Bandas Populares ou os ciclos Danza 3 e Espazos Sonoros. En segundo lugar está creación dunha convocatoria específica de axudas, con liñas para a promoción de discos. Finalmente, a creación da marca “galiciantunes”, unha plataforma que agrupa as institucións e o sector empresarial e artístico para fortalecer a presenza de Galiza en feiras internacionais. Ademais disto, destacou tamén iniciativas da Dirección Xeral de Xuventude como a Rede Galega de Locais de Ensaio, e os certames Nsaio no Camiño e GZCrea. Recoñecemento O vicepresidente Quintana pechou a súa intervención felicitando aos galardoados nesta edición coa medalla do Gaiteiro de Soutelo: a Fundación Barrié de la Maza, o grupo de gaitas Muxicas; Enrique Otero Cobelo, fundador do grupo de gaitas os Cruceiros; a Asociación O Lar Gallego de Pamplona; o integrante do grupo Diplomáticos do Acordeón, Gumersindo Ramón Pichel; e o veciño de Soutelo Jesús García. “Estes galardóns estimulan a creación, o compromiso e a identidade”, sinalou Quintana, quen subliñou a personalidade coma as do Gaiteiro de Soutelo e a do fotógrafo Virxilio Viéitez como exemplos de reivindicación do país a través da arte “que deben servirnos a todos para non esquecer a realidade histórica e cultural do país”. Deporte galego Quintana tamén aproveitou a súa intervención ante os medios para lanzar unha mensaxe de felicitación aos deportistas galegos que participan nas Olimpiadas de Beijing. “Os meus parabéns a tódolos deportistas que están a deixar moi alto o pavillón do deporte galego”, afirmou. E dixo que xa lle transmitira as súas felicitacións á meirande parte dos medallistas que están a demostrar que o deporte galego está ao máximo nivel mundial, ademais de ser un orgullo e un éxito para tódolos galegos. |
|
|
Obxectivos dende... |
|
|
|