Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Dimensiona
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.3
!JoomlaComment 3.23
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Ó Chou:
Paquete de idioma galego para o phpBB 2.0.20
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.3
Ligazóns ó Chou
Foros CIG-Autonomica 
Galiza Sosego (GzS) 
Komunikando 
OpenTrad 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 membro conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

Política Lingüística renuncia a apoiar a dobraxe de filmes ao galego Imprimir Correo-e
Escrito por Kiko das Leiras   
Martes, 26 de Agosto do 2008

GZNación - O departamento que dirixe a socialista Marisol López alega a perda de público das salas cinema e a falta de compromiso das produtoras e explica que “desviará as súas liñas de acción no audiovisual á rede e ás plataformas móbiles no medio prazo”. A secretaría xeral de Política Lingüística vén de remitir ao deputado do BNG Bieito Lobeira unha resposta escrita a súa pregunta sobre os motivos polos que non se dobrou ao galego o filme “Indiana Jones e o Reino da Caveira de Cristal”.

No texto, o departamento que dirixe a socialista Marisol López di de xeito explícito que vai renunciar a promover a dobraxe ao galego de filmes tanto no cinema como en DVD e explica que “desviará as súas liñas de acción no audiovisual á rede e ás plataformas móbiles no medio prazo”.

Este departamento da Xunta asegura que só se puideron dobrar filmes ao galego cando “as produtoras amosan un compromiso co proceso de normalización lingüística” e confirma, coas cifras aportadas, que non se está a cumprir o Plano Xeral de Normalización Lingüística que obriga a dobrar ao galego, cando menos, dez filmes con posibilidade de éxito comercial ao ano.

En calquer caso, Política Lingüística afirma que abandonará toda política de promoción da dobraxe de filmes nos soportes de DVD e no cinema porque “as salas de cinema xa non son o seguro ámbito de acceso e prestixio que outrora eran” e “o DVD doméstico é unha liña a curto-medio prazo”.

Críticas duras do BNG

Bieito Lobeira criticou duramente esta decisión da Secretaría Xeral e lembra que, aínda que estean a perder público, “as salas de cine seguen a ser un bo escenario para dignificar o idioma”, ao tempo que apunta que, “se as películas se estrean en galego, será tamén máis fácil atopalas despois en galego en calquera outro formato”.

Lobeira lembra que con esta decisión “incumpriríase deliberadamente” o mandato do Plano Xeral de Normalización Lingüística, aprobado por unanimidade no Parlamento e apunta á necesidade de non abandonar esta liña de traballo.

Para o deputado do BNG, a apertura de novos camiños para o galego en eidos como as plataformas de contidos é unha boa nova mais, tal e como subliña, “isto non debería supor en ningún caso, o abandono dos dereitos lingüísticos dos espectadores de cinema no noso país”.
 
 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: Apoiamos a Isaac Diaz Pardo
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com