Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as arrow A Rede Galega de Empresas di que as verbas dos directivos do Club Financeiro de Vigo son "falacias"  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega

A Rede Galega de Empresas di que as verbas dos directivos do Club Financeiro de Vigo son "falacias" Imprimir Correo-e
Escrito por apana   
Venres, 05 de Setembro do 2008
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
 
GZNACIÓN A Rede Galega de Empresas mostrou hoxe a súa "repulsa" ante as manifestacións realizadas desde o Club Financeiro de Vigo sobre os supostos efectos negativos da política lingüística en defensa do galego, sinalando que están "completamente alonxadas da realidade" e que son "profundamente inxustas coa sociedade galega e en especial cos empresarios e empresarias que levamos anos traballando por este país".
Segundo sinalan, non se sente obrigados desde ningunha institución a utilizar o idioma galego, e se o fan é porque "nos sentimos debedores co noso país e porque o idioma forma parte da nosa realidade sociocultural".
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
Así, cualifican de "tremenda falacia" a afirmación de que o uso do idioma propio é causa da fuxida de empresas asentadas no territorio galego a outros países. "Mais ben, pensamos que a utilización do galego pode servir como un distintivo máis das nosas actividades produtivas e industriais", engaden. Con todo, sinalan, si poderían advertirse problemas para usar libremente o galego fronte a outros idiomas como, por exemplo, o castelán.

Finalmente, recalcan que non se poden achacar os problemas do empresariado galegos aos idiomas, senón ás políticas "que pretenden ter un empresario dependente das pautas monopolísticas que buscan primar sempre o de fóra, reducindo a mera comparsa a capacidade empresarial que como galegos nos corresponde".

Para o PP, Galiza está "ao bordo dun conflito lingüístico"

Así mesmo, o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que Galiza está "ao bordo dun conflito lingüístico", polo que propuxo retomar "o consenso", pois existen "capas da sociedade" que non están de acordo coas políticas que se están aplicando nesta materia no país.

Un dos exemplos, aseverou, é o informe do Club Financeiro de Vigo, que será "revisado e analizado" polos 'populares', que consideran que é "fácil volver ao consenso", algo que parte de "derrogar o decreto do galego na ensinanza" para retornar aos "plans" lingüísticos aprobados por unanimidade.

Neste sentido, explicou que o seu criterio parte de que "os idiomas non poden ser unha barreira, senón unha ponte", nunha Europa na que "hai unha única moeda" e tendo en conta que as empresas só coñecen "unha moeda, a da competitividade". Así mesmo, considerou que as políticas que aplica o Goberno autonómico nesta materia "non protexen ao galego nin ao bilingüismo cordial", concluíu.
 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: Apoiamos a Isaac Diaz Pardo


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com