Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as arrow Un informe advirte que o uso do galego na ESO non cumpre cos obxectivos da Lei de Normalización  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega

Un informe advirte que o uso do galego na ESO non cumpre cos obxectivos da Lei de Normalización Imprimir Correo-e
Escrito por apana   
Venres, 05 de Setembro do 2008
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

GZNACIÓN  "É necesario reforzar ou modificar as políticas de normalización lingüística, 25 anos despois da aprobación da Lei de Normalización Lingüística". Son palabras do presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares, logo de coñecer o informe sobre o ensino da lingua e da literatura galega na Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) realizado polo Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago en colaboración co CCG.
O informe amosa un "interese inferior" de cara á materia de galego por parte dos alumnos e do profesorado con respecto a outras áreas, e por tanto, un "estado de precariedade" que ten o seu impacto nos resultados académicos.
Por outra banda, detéctase unha contradición entre os obxectivos máis valorados na aprendizaxe da lingua, relacionados coa súa dimensión comunicativa, e a práctica docente. As clases oriéntanse á teoría e á gramática, máis que a adquisición de competencias na lingua oral. "A formulación de obxectivos educativos vai por un lado e a práctica real por outro moi distinto", indica o informe.
 
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

"Preocupante nivel de incumprimento" da lei

Outro dato relevante é o "preocupante nivel de incumprimento" da lei no tocante ás materias que deben ser impartidas en galego no segundo ciclo. Así, en ciencias sociais, xeografía e historia, o nivel de galeguización é de arredor do 83% nos dous primeiros cursos e do 73% en 4º e do 67% en 3º. En ciencias da natureza, a presenza do galego acada arredor do 70 e 75% en 1º e 2º. E en bioloxía e xeoloxía apenas supera a metade das aulas, cun 55% en 3º e un 53% en 4º.

O director do estudo, Bieito Silva, atribuíu este feito a unha "formación pedagóxica moi insuficiente" malia que a situación dos profesores se defina como "cómoda", a partir da que poden mellorar o seu traballo.

No relativo aos datos sobre sociolingüística, o informe "non ofrece grandes sorpresas", senón que "constata datos de estudos dos últimos anos", explicou Bieito Silva. Así, a porcentaxe de alumnos que teñen o galego como lingua inicial e habitual é menor que o de profesores, cun 33% de estudantes galegofalantes nos centros públicos e un 10% nos privados.

Silva destacou o feito de que, malia que o 90% dos docentes de galego emprega nas súas aulas só este idioma, o uso da lingua minorizada descende nas súas relacións fóra do centro, cos amigos ou cos fillos. "Isto racha co estereotipo do profesor de lingua e literatura galega como militante co idioma", valorou o experto.

< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: SOS Mourela

Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  
© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com