|
Aberto o prazo de inscrición na Rede Galega de Música ao Vivo 2009 |
|
|
|
Escrito por apana
|
|
Venres, 05 de Setembro do 2008 |
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';} function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';} function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';} SONO-TONE Dende o 1 ao 30 de setembro estará aberto o prazo de inscrición para a Rede Galega de Música ao Vivo 2009. A inscrición, programación e contratación realizarase a través da web www.galescena.info, onde se atopan as normas de funcionamento da RGMV tanto para os grupos como para as salas participantes.
- Inscrición GRUPOS: do 1 ao 30 de stembro - Preprogramación das SALAS: do 6 ao 31 de outubro - Programación definitiva: do 4 ao 10 de novembro Dúbidas ou consultas:981 57 71 26 ext 125 www.galescena.info
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';} function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';} function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';} REDE GALEGA DE MÚSICA AO VIVO 2009
1. FUNCIONAMENTO XERAL PARA OS GRUPOS - Poderá participar nesta programación calquera formación que cumpra os requisitos especificados na ficha técnica/artística. - Cada grupo especificará o seu caché, que en ningún caso poderá superar os 800 euros por actuación. - Na ficha técnica deberase describir o rider técnico necesario así como as restantes condicións precisas para o correcto desenvolvemento da actuación. Admitiranse acordos bilaterais entre a sala e o grupo que modifiquen o rider técnico, sempre e cando se formalicen por escrito.
- A información que introduzan os grupos poderá ser vista polos programadores das salas, aínda que os grupos poden promocionarse contactando cas salas, co directorio que teñen a súa disposición na páxina web.
- Para que un grupo poida ser contratado necesita ter pechado un mínimo de 4 concertos no ano. Estas actuacións quedarán fixadas nun contrato entre o grupo e a AGADIC. - O resultante da recadación da billeteira de cada concerto será para a sala. - Unha vez asinado o contrato o grupo deberá ter en conta: -a alteración do calendario de actuacións estará suxeita á autorización previa por parte da AGADIC e deberá estar xustificada. -a alteración unilateral do calendario de actuacións, suporá a cancelación automática do contrato. 2. FUNCIONAMENTO XERAL PARA AS SALAS 2.1. CRITERIOS DE ADMISIÓN PARA NOVAS SALAS - Traxectoria da sala de dous anos cunha programación estable. - Programación dun mínimo de 35 actuacións durante o exercicio inmediatamente anterior (no caso das salas ubicadas en concellos de menos de 50.000 habitantes, o mínimo da programación será de 20 actuacións) -No caso de salas de nova creación, non se terá en conta este criterio, pero deberán comprometerse a realizar no ano 2009, 35 actuacións no caso de salas ubicadas en concellos con máis de 50.000 habitantes, ou 20 actuacións no caso de salas ubicadas en concellos con menos de 50.000 habitantes. Quedarán excluídas aquelas salas que non cumpriran os compromisos de programación, incluíndo o da remisión da información de billeteira, durante o exercicio anterior. - As salas deberán remitir a seguinte documentación ó AGADIC: -CIF do representante legal - NIF da empresa titular da sala -Estatutos rexistrados -Escrituras de constitución e para as salas que nunca participaron neste programa a Licenza municipal de apertura. Departamento de programación Rúa da Vesada s/n 15703 Santiago de Compostela Tel. 981 577 126 ext .103 www.agadic.info \n
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver \n
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver 2.2. CONDICIÓNS ECONÓMICAS E TÉCNICAS DE PROGRAMACIÓN - AGADIC cofinanciará a programación das salas coa seguinte porcentaxe sobre o caché dos grupos, que en ningún caso, poderá supera os 800 €: - Caché superior a 599 €: 75% - Caché entre 400 e 599€: 80% - Caché inferior a 400€: 85% No caso de concertos en lingua galega esta porcentaxe incrementarase nun 5%. - Cada sala participante na RGMV deberá contratar un mínimo de 8 concertos. - Non se poderá programar a unha mesma formación por tres anos consecutivos. - Non se poderán programar formacións vinculadas á sala. Considérase formación vinculada á sala aquela na que algún dos seus compoñentes ou familiar ata o primeiro grao por consanguinidade ou afinidade sexa propietario de mais dun 15% do capital social da sala. - Os grupos programados non poderán ser contratados máis dunha vez na mesma sala dentro deste programa. - A salas comprométense a facilitar o rider técnico descrito na ficha de cada grupo en cada un dos concertos que realice. Admitiranse acordos bilaterais que modifiquen o rider técnico, sempre e cando se formalicen por escrito. - A alteración do calendario de actuacións estará suxeita á autorización previa por parte da AGADIC e deberá estar xustificada. - A alteración unilateral do calendario de actuacións, suporá a cancelación automática do contrato. - A sala está obrigada a facilitar a AGADIC as follas da billeteira e cubrir os datos de asistencia na páxina web: www.galescena.info - A sala está na obriga de cobrar entrada en todos os concertos tendo en conta os prezos mínimos: -Ata 500 € de caché: 2 € -Mais de 500 € de caché: 3 € -A recadación da billeteira será para a sala. 3. PROCESO DE PROGRAMACIÓN - O período de programación será de xaneiro a decembro de 2009 (quedan fóra os meses de xullo e agosto) - os grupos de música ou solistas deberán cubrir a ficha técnica artística a través da páxina web: www.galescena.info/musicavivo do 1 ao 30 de setembro. - as salas elaborarán a súa preprogramación a través da mesma páxina do 6 ao 31 ó outubro. A partir dese momento, AGADIC comprobará as programacións realizadas e seleccionará os grupos que teñen os 4 concertos mínimos requiridos para ser programados. - Este novo listado seralles remitido ás salas para que comproben se teñen que variar ou non a súa programación. Este prazo será do 4 ao 10 de novembro. - Cas programacións definitivas, AGADIC asinará os contratos cos grupos e salas e realizará os soportes publicitarios necesarios. |