|
Dez operadoras e fabricantes de móbiles incorporarán o galego |
|
|
|
Escrito por apana
|
|
Luns, 08 de Setembro do 2008 |
MUNDOGALIZA A Xunta de Galiza asinará esta semana un acordo para ofrecer a opción do galego nos servizos da telefonía móbil, un ámbito no cal a lingua propia do país presenta graves carencias. A Mesa pola Normalización Lingüística quere aplaudir esta iniciativa, “longamente reivindicada”, e manifesta a súa esperanza de que garanta a liberdade de uso do galego en facturación e apoio ao cliente, así como que a inmensa maioría dos terminais teñan o noso idioma dentro das súas opcións nos menús e as aplicacións. Porén, A Mesa tamén lamenta que a “falta de reflexos” da Secretaría Xeral de Política Lingüística faga que este acordo se asine un ano despois dos acordos para o catalán e o vasco. Para A Mesa, “é moi importante que todos os terminais con opción de galego se distribúan con normalidade nas tendas e que se realicen campañas para dar a coñecer a súa existencia.” Así mesmo, tamén pide que, igual que no caso catalán, “se ofreza a opción de mudar os terminais vellos sen opción de galego por outros que si a ofrezan”. function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';} |