Mércores, 03 de Decembro do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.3
!JoomlaComment 3.23
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Ó Chou:
Actualización da versión 2.0.19 á 2.0.20
Tell a Friend Mod 1.2.1 (Galego)
Ligazóns ó Chou
Arredemo 
Balonmán Xiria 
Colectivo de Cibergaleg@s Unid@s 
Colexio de Enxeñeiros Forestais 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 membro conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

Asociacións europeas denuncian o repunte do "racismo lingüístico" na Unión Imprimir Correo-e
Escrito por apana   
Xoves, 18 de Setembro do 2008
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

XORNAL.COM   “Queremos que o pobo galego saiba que aquí se están a vulnerar tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos”. Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e recentemente nomeado en Gdansk (Polonia) presidente do Comité do Estado español da Axencia Europea para as Linguas Minorizadas (EBLUL), explicou hoxe en conferencia de imprensa cales van ser as liñas de traballo da organización dentro desta axencia europea: "non só manter un labor de interlocución máis intenso con diferentes organismos internacionais sobre as vulneracións de dereitos lingüísticos que se cometen en Galiza, senón tamén informar aos propios cidadáns de cales son estes dereitos".
A EBLUL é un organismo recoñecido como consultivo pola ONU, o Parlamento Europeo e o Consello de Europa.
A Mesa mantén unha liña de acción de asesoramento ao Comité de Expertos do Consello de Europa que vixía o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias (CELRM). Este labor verase reforzado nos tres anos que dura o mandato presidencial do Comité de Estado do EBLUL.
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
 
Carlos Callón anunciou que se vai desenvolver un “traballo contra as actitudes de racismo lingüístico e xenofobia que están repuntando en Europa, con discursos a nivel do Estado como o do Partido Popular, que considera que hai linguas de primeira e de segunda, linguas que poden ser usadas con normalidade e linguas que non”.

Outro dos obxectivos da EBLUL para os vindeiros anos é conseguir que a Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos, elaborada e asinada por organizacións non gobernamentais en Barcelona en 1996 entre as que se atopaba A Mesa, sexa recoñecida por unha resolución da ONU. Mantivéronse reunións con embaixadores e embaixadoras, coa esperanza de que poida haber resultados concretos antes de que finalice o ano 2008.

Esta Declaración, que foi aprobada polo Congreso dos Deputados por unanimidade, tampouco se está a cumprir en Galiza, tal e como indicou Carlos Callón: “Aquí están a vulnerarse tratados internacionais, e non se trata só dos datos da Mesa e outras organizacións galegas, tamén existen denuncias reiteradas polo propio Consello de Europa”.

Callón sinalou que o Comité de Expertos deste organismo considera que en Galiza non se está a aplicar a Carta Europea das Linguas en eidos como o do ensino, "non só por parte do Estado español senón do propio Goberno galego"; na atención ao público, na existencia de formularios e webs públicas en galego, especialmente por parte da administración do Estado, e no eido da Xustiza, onde recordou que “tan só o 8% das sentenzas están en galego”.

“Especialmente grave é o relativo á educación, onde xa o Consello de Europa indicou que no caso galego o Estado non está ao nivel dos compromisos adquiridos ao ratificar a Carta Europea das Linguas”, lembrou o presidente da Mesa.

Callón tamén apuntou que ao asinar a Carta Europea das Linguas o Estado español se comprometeu a facilitar a recepción das televisións e radios portuguesas en Galiza, algo que até o de agora non é posíbel. O presidente da Mesa sinalou que “no tocante ao relacionamento con Portugal, estamos practicamente ao mesmo nivel de Murcia, porén moi por debaixo dunha comunidade como Extremadura, que non ten coma nós unha ponte como é a da lingua”.


Imprimir Enviar

 
window.google_render_ad();
 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: Foro Social Galego
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com