Sábado, 04 de Xullo do 2009
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as arrow Caixa Galicia abre un blog para ''mellorar galego dos seus empregados''  
Obxectivo: Can de Palleiro (26.05.2009)

Dous labregos miran a un can de palleiro esfameado. "Por que non lle das de comer ao can?", pregunta un. "Para o que traballa...", contesta o outro. "Pois entón, por que non o matas?", replícalle o primeiro. O outro responde: "Para o que come...". ( Castelao )

Nós traballamos para que non nos maten a lingua, e comemos e bebemos dela coa fame e a sede dun palleiro esfameado, por iso unha vez máis propomos un novo obxectivo. Desta vez algo tan noso que ate doe a alma que non tenha a representación lingüística que de xeito tan natural lle correspondería, neste caso no web do Club de raza de Can de palleiro.

Por iso, para conseguir convencer a este web para que o noso idioma estea presente, a nosa proposta é que envíes este prego !!

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña:

Caixa Galicia abre un blog para ''mellorar galego dos seus empregados'' Imprimir Correo-e
Escrito por Kiko das Leiras   
Luns, 29 de Setembro do 2008

 GZ Nación - Caixa Galicia vén de crear o blogue 'Galeteca' -http://www.galeteca.com-, unha ferramenta que nace co obxectivo de achegar e mellorar ou uso do galego dous seus empregados e clientes, así como de calquera persoa interesada na lingua do país, especialmente a empregada non mundo das finanzas, segundo informa hoxe a entidade financieira.

O equipo do departamento de tradución de Caixa Galicia é o responsábel do mantemento deste espazo, que permite publicar en pequenas pílulas informativas revisións de temas específicos do idioma galego. 


Aínda que 'Galeteca' está especialmente centrado non mundo das finanzas, tamén hai entradas de carácter xeral, así como as últimas novidades en cuestión de normativa ou de ferramentas de tradución.

'Galeteca' ofrece unha serie de apuntamentos de usos lingüísticos con exemplos prácticos e ligazóns sobre recursos relacionados coa lingua que facilitarán a súa aprendizaxe. Ao mesmo tempo, os usuarios terán a oportunidade de contactar cos seus responsábeis para expor dúbidas, comentarios e suxestións.

 


 

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Can de Palleiro 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Decathlon 
Política de traduçom "em off" a portugueses na TVG 
Solidariedade civil
Campaña: Salvemos Monteferro


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2009 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com