Sábado, 04 de Xullo do 2009
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as arrow O galego, lingua prohibida no Parlamento Europeo  
Obxectivo: Can de Palleiro (26.05.2009)

Dous labregos miran a un can de palleiro esfameado. "Por que non lle das de comer ao can?", pregunta un. "Para o que traballa...", contesta o outro. "Pois entón, por que non o matas?", replícalle o primeiro. O outro responde: "Para o que come...". ( Castelao )

Nós traballamos para que non nos maten a lingua, e comemos e bebemos dela coa fame e a sede dun palleiro esfameado, por iso unha vez máis propomos un novo obxectivo. Desta vez algo tan noso que ate doe a alma que non tenha a representación lingüística que de xeito tan natural lle correspondería, neste caso no web do Club de raza de Can de palleiro.

Por iso, para conseguir convencer a este web para que o noso idioma estea presente, a nosa proposta é que envíes este prego !!

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Dimensiona

O galego, lingua prohibida no Parlamento Europeo Imprimir Correo-e
Escrito por Kiko das Leiras   
Luns, 29 de Setembro do 2008

VIEIROS - O BNG denuncia que o PP segue a impedir que se poida falar no noso idioma nesta institución, cando si se pode empregar noutras administracións da U.E.

No Consello de Ministros da Unión Europea, na Comisión Europea, no Comité das Rexións ou nas denuncias dirixidas ao Valdedor do Pobo. En todas estas institucións se pode empregar a nosa lingua previa comunicación. Non obstante, escoitar o galego no Parlamento da UE é aínda unha arela, unha reivindicación que o BNG defende dende que entrou na Eurocámara en 1999.

 

Este martes celébrase o Día Europeo das Linguas, unha data que os nacionalistas aproveitan para exixir que as linguas galega, vasca e catalá poidan ser empregadas polos eurodeputados de Galiza, Euskadi e Cataluña. Denuncian que o PP español está a impedir esta posibilidade a través da súa representación na Mesa do Parlamento Europeo. Segundo explica a voceira do BNG en Bruxelas, Ana Miranda, esta decisión vulnera o cumprimento da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias do Consello de Europa. Na súa opinión, a estratexia de multilingüismo é interesante para ir cara unha Europa plurilingüe, polo que é necesario avanzar na situación das linguas non oficiais na UE.
 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Can de Palleiro 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Decathlon 
Política de traduçom "em off" a portugueses na TVG 
Solidariedade civil
Campaña: Salvemos Monteferro


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2009 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com