Venres, 16 de Maio do 2008
 
  Inicio arrow A CiberIrmandade arrow Participa e colabora  
Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns

Participa e colabora Imprimir Correo-e
Mércores, 29 de Marzo do 2006

Na túa propia medida, ofrecémosche diversos xeitos de participar e colaborar na CiberIrmandade. O que segue son as grandes liñas de participación; para colaboracións puntuais pasa polo foro Participa e colabora.

Obxectivos.- Podes participar nas nosas campañas enviando un correo aos obxectivos. É moi doado e non che levará mais ca un par de minutos. Ir a obxectivos. E se desexas implicarte mais:

- Propón novos obxectivos (xunto co nome do obxectivo e as razóns da proposta, a poder ser indica o seu URL, correo electrónico e, inclusive, o texto que lle enviarías). Ir ao foro de obxectivos.
- Revisar a situación dos obxectivos xa pasados, por se mudasen nos seus usos lingüísticos. Ir a obxectivos pendentes.
- Aporta “modelos” de mensaxes a enviarlles aos obxectivos; canta mais variedade lle poidamos ofrecer á xente, mellor. Ir ao foro de obxectivos.

Script de obxectivos.- Temos un pequeno script para que, con tan so copiar e pegar, poidas ofrecer aos visitantes do teu web o último obxectivo da CiberIrmandade, xunto co enlace directo á páxina de envío correspondente. Se xa tes o script no teu web, avísanos, para que publiquemos un enlace ao teu sitio dende a nosa páxina inicial. Ir a Script obxectivos.

Buscador.- Se tes información de empresas e profesionais que adoitan empregar a nosa lingua no trato, documentación, publicidade e demais, non esquezas darte unha volta polo noso buscador e dalas de alta. Ir ao buscador.

Traducción.- Estamos pola traducción á nosa lingua de software libre. Se queres colaborar, sexa na traducción, sexa na revisión, pasa polos foros de informática. Ir aos foros de informática.

Aportar contidos e debate.- Utilizando os Foros, podes participar aportando información, documentos, debates, a maiores de obter información de tarefas concretas nas que podes axudar, que en grandes riscos resumimos en:

a) Se tes arquivos que poidan ser interesantes para a nosa lingua, cultura, país.. achégaos. Ir a Subir arquivos.
b) Podes fornecer información de todo tipo que consideres convinte, como novidades sobre telefones móbiles en galego, recursos en galego na rede, empresas que usan a nosa lingua (neste caso, non esquezas pasar polo buscador)..
c) En canto aos debates en xeral de cuestións sobre a nosa lingua, cultura, sociedade, política.., toda participación enriquece os debates.
d) Engade os enlaces que consideres a outros webs en galego; para facelo, vai ao elemento “Ligazóns” dos Foros, ou ao enlace correspondente dende o web principal. Poderás clasificar os enlaces segundo diversas categorías. Lembra que para nós o principal alicerce da nosa Cultura é a nosa Lingua, polo que non aceptaremos ligazóns a webs que non estean dispoñíbeis en galego.

Ligazóns, bandeiras e cartace.- Dende o noso web principal podes engadir ligazón a outros sitios da rede que estean en galego. Tamén podes publicar as nosas bandeiras e espallar o noso cartace polos sitios nos que te moves. Mais información.

Galería de imaxes.- Comparte as túas imaxes e fotografías orixinais, dende ese tipo de fotografías antigas que temos nalgún álbum cheo de historia até fotos presentes que serven de contraste ao paso do tempo. Rexístrate na galería e participa fornecendo material gráfico. Ir á Galería.

Asociación de sitios coa CiberIrmandade

Sindicación de contidos.- Estamos interesados en sindicarnos reciprocamente con outros sitios da rede que compartan algún dos nosos fins. Podemos ofrecer tanto sindicación ao noso web como aos foros.

Sendo a CiberIrmandade, posíbelmente, a organización máis veterana de defensa da nosa lingua na rede, puidemos vivir o nacemento e morte dunha chea de proxectos interesantes que, por falta de recursos ou colaboración non chegaron a porto. Conscientes desto queremos chegar a acordos con outras comunidades virtuais, consistentes no seguinte:

Integración de proxectos. Se consideras que o número de visitas ou participación do teu sitio é cativa, ofrecémosche a posibilidade de integración na CiberIrmandade.

Asociación de foro. Unhas veces por falta de participación, outras por consideralo non necesario, e as mais por falta de coñecementos para polos en marcha, son moitos os sitios que non dispoñen de foros. Tamén é algo habitual a existencia de foros con mínima ou nula participación. Se estás interesado, podemos compartir foro.

Máis información da asociación de sitios..

Témonos autoimposto unha serie de normas mínimas de convicencia, comúns a todos os contidos da Ciberirmandade: non aceptamos contidos abusivos, obscenos, de odio, ameazante,... ou que dalgunha forma violen leis vixentes, como publicación de números de serie de programas, cracks, .. Non aceptamos publicidade, a menos que sexa para informar de empresas ou sitios que ofrecen os seus servizos ou contidos na lingua da Galiza. Todo o contido que se publique, debe ser orixinal ou estar libre de dereitos que prohiban a súa difusión.

 

 


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com