Xoves, 20 de Novembro do 2008
 
  Inicio arrow Novas CiberIrmandade arrow Arqueoloxía e Urbanismo nos nosos Foros  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña:

Arqueoloxía e Urbanismo nos nosos Foros Imprimir Correo-e
Escrito por Medulio   
Mércores, 29 de Marzo do 2006
Recentemente, tal e como verías en diversos medios de comunicación, producíronse importantes achádegos arqueolóxicos en Vigo que poñen moi en dúbida a tradicional idea do Vigo Román só coma unha pequena aldea.

Na CiberIrmandade da Fala non só nos preocupamos pola nosa lingua senón que tamén traballamos a prol da nosa Cultura en xeral, polo que acollemos un fío nos nosos Foros froito da asociación entre a CiberIrmandade e Arquitectura Galega adicado a profundizar máis no tema.

Queremos lembrarche que o fío está aberto á colaboración de todos e todas polo que agardamos a túa opinión e as túas achegas.
 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: PuntoGal


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com