Sábado, 04 de Xullo do 2009
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as arrow A Mesa denuncia ante Traballo a unha empresa de Fornelos (Pontevedra) por prohibir usar o galego  
Obxectivo: Can de Palleiro (26.05.2009)

Dous labregos miran a un can de palleiro esfameado. "Por que non lle das de comer ao can?", pregunta un. "Para o que traballa...", contesta o outro. "Pois entón, por que non o matas?", replícalle o primeiro. O outro responde: "Para o que come...". ( Castelao )

Nós traballamos para que non nos maten a lingua, e comemos e bebemos dela coa fame e a sede dun palleiro esfameado, por iso unha vez máis propomos un novo obxectivo. Desta vez algo tan noso que ate doe a alma que non tenha a representación lingüística que de xeito tan natural lle correspondería, neste caso no web do Club de raza de Can de palleiro.

Por iso, para conseguir convencer a este web para que o noso idioma estea presente, a nosa proposta é que envíes este prego !!

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña:

A Mesa denuncia ante Traballo a unha empresa de Fornelos (Pontevedra) por prohibir usar o galego Imprimir Correo-e
Escrito por apana   
Mércores, 19 de Novembro do 2008
VIEIROS "O idioma empregado no traballo será o castelán, agás excepcións que serán previamente comunicadas". Así reza a última das normas dun documento que se lle entrega a todos os traballadores ao incorporarse á granxa escola "El Kiriko"

A Mesa pola Normalización (MNL) denuncia esta "discriminación lingüística" e asegura que o escrito está dentro dunha "liña de actuación hostil contra o galego por parte da empresa". Así, xa adiantou que procederá a denunciar o caso ante a Inspección de Traballo. Ademais, sostén que varias administracións públicas tanto de ámbito galego como da comarca de Vigo contrataron servizos con esta organización, polo que tamén se dirixirá a estes organismos para que exixan o cesamento destas discriminacións. de Fornelos de Montes (Pontevedra). Esta obriga dirixida expresamente ao "persoal educativo" atópase xunto doutras como "respectar o traballo dos demais", "cumprir os horarios" ou "deixar o material de traballo en orde".
 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Can de Palleiro 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Decathlon 
Política de traduçom "em off" a portugueses na TVG 
Solidariedade civil
Campaña:


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2009 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com